Entidades da Plataforma reciben formación sobre a medición da pobreza infantil en Galicia
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia realizou recentemente unha formación especializada en Medición da Pobreza Infantil, que tivo lugar en Santiago de Compostela. A sesión proporcionou ferramentas clave para comprender e analizar esta problemática tan importante, capacitando ao persoal técnico das entidades membro na análise de datos e indicadores específicos para avaliar o impacto na infancia galega.
A formación abarcou os seguintes módulos:
- Que entendemos por pobreza e como a medimos? Explicación das definicións e métricas principais.
- Onde buscar información e datos? Orientación sobre fontes de datos e recursos para acceder a estatísticas fiables.
- Análise da pobreza infantil en España e Galicia. Unha ollada profunda ás cifras e tendencias actuais.
- Propostas da Plataforma de Infancia. Estratexias e accións recomendadas para abordar esta problemática.
Grazas a esta colaboración coa Plataforma de Infancia estatal , reforzamos a nosa capacidade para avanzar na loita contra a pobreza infantil, traballando en rede para impulsar solucións que garantan o benestar da infancia galega.
