A Plataforma de Infancia galega inflúe nas eleccións autonómicas

eleccións autonómicas 2020
Eleccións autonómicas Galicia

A Plataforma de Infancia galega presenta aos partidos políticos que participan nas eleccións autonómicas galegas 35 propostas a favor da infancia. Ademais as propostas recollen dereitos recoñecidos na Convención sobre os Dereitos do Neno, e deste xeito a POIG trata de influir nos comicios galegos en clave de infancia.

Nesta liña, desde a Comisión de Incidencia Política da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) están a presentar aos partidos que participan nas eleccións autonómicas do 12 de xullo unha axenda politica na que a prioridade é a Infancia.

Aclarar que a POIG diseñou 35 propostas cun obxetivo: garantir os dereitos e necesidades dos nenos, nenas e adolescentes na comunidade galega. Como resultado, entre outras cuestións, este documento trata sobre:

  • os mecanismos institucionais para garantir os dereitos da Infancia
  • a melloras nos servizos galegos de protección da infancia
  • un sistema de saúde que garanta as necesidades de saúde dos nenos e nenas
  • unha loita real contra a pobreza e exclusión
  • tamén sobre a educación en igualdade de oportunidades
  • un sistema de coidados galegos
  • o desenvolvemento da atención temperá
  • o diseño dun sistema que integre a participación infantil para que os nenos, nenas e adolescentes en Galicia sexan escoitados

Para acceder as 35 propostas da POIG pinchar AQUÍ

Compartir
Tabla de contidos