O 19 de novembro a POIG conmemora o Día Universal dos Dereitos da Infancia

O 19 de novembro a POIG conmemora o Día Universal dos Dereitos da Infancia
Día da Infancia 2020

Día da Infancia: Protagonistas da nosa educación

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) festexa xunto a Consellería de Política Social, o Día Universal dos Dereitos da Infancia.

O xoves día 19 a partir das 11 da mañá terá lugar o acto online ao que asistirá desde a Xunta de Galicia a Conselleira de Política Social, Fabiola García, e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; desde a POIG o seu presidente, Xesús Vilas; así como os nenos, nenas e adolescentes dos grupos participantes desde os seus respectivos centros educativos.

Os nenos, nenas e adolescentes exporán as súas demandas en temas relevantes e actuais como:

  • barreiras socioeconómicas;
  • novas metodoloxías;
  • violencia (bullying);
  • educación inclusiva;
  • e participación infantil.

O obxetivo é facer visibles as demandas da infancia e adolescencia así como facer fincapé no seu dereito á participación.

Finalmente cada grupo realizará unha pregunta á Fabiola García que dará resposta aos nenos, nenas e adolescentes.

Estos son os centros que participarán no evento:

  • C.E.I.P. Santo André de Xeve (Pontevedra).
  • C.P.I. As Mirandas. Ares (A Coruña).
  • I.E.S. Porto do Son. Porto do Son (A Coruña).
  • I.E.S. A Cachada. Boiro (A Coruña).
  • I.E.S. A Xunqueira I (Pontevedra).
  • C.E.E. San Xerome. A Guarda (Pontevedra).

Con anterioridade os participantes realizaron as actividades promovidas desde a Plataforma de Infancia polo Día Universal dos Dereitos da Infancia.

As actividades perseguen sensibilizar, divulgar e formar sobre os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.

O Día Universal dos Dereitos da Infancia, é un día grande para celebrar todos os dereitos da infancia e adolescencia. Podedes seguilo na canle de YouTube da POIG ou a través da seguinte ligazón:

https://youtu.be/MelzNS-9vXo
Compartir
Tabla de contidos