Declaración institucional do Parlamento de Galicia no Día mundial da infancia

Declaración do Parlamento de Galicia no Día Mundial da Infancia 2024, destacando compromisos clave en saúde mental, tecnoloxía e protección para garantir os dereitos da infancia.

O Parlamento de Galicia subliña a importancia de garantir todos os dereitos da infancia e adolescencia, recoñecendo que aínda hai retos urxentes que debemos afrontar. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e UNICEF Comité Galicia, destacamos cuestións prioritarias para o benestar da infancia e adolescencia.

Principais desafíos e compromisos

Entre os temas expostos nesta declaración destacan:

  • Loita contra a pobreza infantil: Compromiso con reducir as taxas de infancia en risco de exclusión social en Galicia mediante unha maior inversión en recursos.
  • Impacto da tecnoloxía: Reforzo de medidas preventivas, educativas e de atención para abordar os riscos do entorno dixital, garantindo un uso seguro da tecnoloxía para nenos, nenas e adolescentes.
  • Saúde mental: Avances nunha política autonómica de saúde mental que incremente os recursos especializados e poña o foco nos colectivos máis vulnerables.
  • Sistema de protección: Incrementar recursos para acollemento e preservación familiar, mellorando as opcións de vida para os nenos en situación vulnerable.
  • Prevención da violencia: Implementar a LOPIVI fomentando formacións para profesionais promovendo figuras como o delegado de protección en escolas e no ocio.

A participación da infancia, un eixo fundamental

O Parlamento subliña que a participación activa dos nenos, nenas e adolescentes é esencial para deseñar políticas que respondan ás súas necesidades reais. Neste sentido, a declaración tamén fai un chamamento á cooperación internacional e á asignación de recursos adecuados para garantir o cumprimento dos dereitos da infancia a nivel global.

Podes ver o vídeo completo en Declaración Instinucional no Parlamento de Galicia polo Día da Infancia

Máis información en: https://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/4224/declaracion-institucional-do-parlamento-de-galicia-no-dia-mundial-da-infancia/

  • Proxecto financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asigna ción tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024
Compartir
Tabla de contidos