O noso desexo para 2025… ¡Que se nos escoite!
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) pon en marcha un sorteo para destacar a importancia de escoitar a nenos, nenas e adolescentes na toma de decisións que lles afectan. Este concurso pretende fomentar a reflexión e a creatividade desde as primeiras etapas educativas e está dirixido a escolas infantís e centros que traballan coa infancia en Galicia.
📌 ¿Quen pode participar?
Hai dúas categorías no sorteo:
1️⃣ Escolas infantís (1º ciclo): Alumnado de aulas de 0 a 3 anos, que participará a través de composicións grupais realizadas co apoio dos seus educadores/as.
2️⃣ Centros de protección de menores e centros de día: Nenos e nenas de ata 12 anos en situación de acollida ou que reciben atención nestes centros, a través de debuxos individuais.
🎨 ¿Como participar?
- As composicións ou debuxos deben enviarse ao correo ucgaltv@gmail.com antes do 26 de xaneiro de 2025.
- É importante seguir os pasos descritos nas bases legais para que as propostas sexan válidas.
Consulta todos os detalles sobre os requisitos e o proceso de participación nas bases do sohttps://infanciagalicia.org/wp-content/uploads/2025/01/Bases_Desexo_2025.pdfrteo.
🎁 Premios
Cada categoría terá como premio unha tarxeta regalo de 500 €, que poderá trocarse en calquera establecemento Carrefour de Galicia por xoguetes ou material escolar.
📅 Datas clave
- Inicio do sorteo: 27 de decembro de 2024.
- Peche de participación: 26 de xaneiro de 2025.
- Sorteo: 29 de xaneiro de 2025.
Os gañadores publicaranse nas redes sociais da Unión de Consumidores de Galicia e doutros colaboradores, como Carrefour e a Consellería de Política Social.
💬 Non deixes escapar esta oportunidade para darlles voz ás ideas!
