Indicadores de Alarma na primeira infancia
“Detección precoz de indicadores de alarma na Primeira Infancia”.
Os días 2, 3, 23 e 24 de outubro terá lugar a formación na escala ADBB para a Rede Galega de Atención Temperá. A formación leva por título “Detección precoz de indicadores de alarma na Primeira Infancia”. As xornadas terán lugar o 2 e 3 na Cidade da Cultura e o 23 e 34 na Escola galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.


O obxetivo da formación é dobre:
- a capacitación para a detección precoz de indicadores de alarma no desenvolvemento en bebés de 2 a 24 meses
- a habilitación profesional para a súa aplicación na clínica (15 horas) e na clínica e investigación (30 horas).
A formación está organizada e coordinada por ASMI WAIMH-España e conta coa colaboración da Asociación Galega de Atención Temperá – AGAT. Ademais está financiada con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2019, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
A escala ADBB é unha guía de observación sistematizada do bebé para a de-tección precoz de indicadores de retraimento social en nenos/as de 2 a 24 meses. A guía é un instrumento de aplicación fácil, se ben require da adecuada comprensión do seu encadre teórico e das súas limitacións de uso. Este recurso foi validado en países como Francia, Portugal, Finlandia, Israel, Australia, Brasil, Italia, Noruega, Sudáfrica e Arxentina.