Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia

Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia

Novamente este ano a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), súmase á convocatoria da Plataforma de Infancia polo Día Universal da Infancia.

A mesma ven impulsando desde fai máis de 10 anos un proceso participativo que sensibiliza, divulga e forma sobre os dereitos da infancia e adolescencia.

Este proceso favorece que a infancia e adolescencia coñeza os seus dereitos, os exerza e sexa escoitada.

Con motivo da nova Lei de Educación e da etapa de confinamento, este ano faise fincapé na importancia da educación equitativa.

Desta forma os principais dereitos que se abarcan son: educación, descanso, ocio e a poder expresarse e opinar sobre diversas situacións de violencia.

Dada a situación actual xerada pola crise sanitaria, preséntanse dúas guías de actividades para facer cos grupos, unha de maneira presencial e outra online.

A Plataforma de Infancia ofrece sesións informativas online para explicar o proceso, ás que poderán inscribirse os equipos de educadores/as.

Ademáis no caso de Galicia, todos os grupos contarán cos materiais traducidos ao galego, co apoio da POIG e en colaboración coa Xunta de Galicia.

O proceso culmina o Día Universal da Infancia (20 de novembro), coa realización de eventos, onde a infancia e as súas demandas sexan as protagonistas.

Os eventos terán lugar nas catro provincias galegas e neles os nenos, nenas e adolescentes participantes trasladarán as súas demandas aos responsables das políticas da infancia.

A continuación amósase o calendario a ter en conta:

  • Inscricións ás actividades e/ou talleres: ata o 20 de setembro.
  • Inscrición ás sesións informativas para educadores/as sobre o proceso.
  • Confirmación dos talleres nos que se facilitarán as actividades con nenos e nenas: do 20 ao 30 de setembro.
  • Execución das actividades: ata o 30 de outubro.
  • Envío de conclusións das actividades: ata o 30 de octubre.

Para ver as actividades a realizar cos nenos, nenas e adolescentes de forma presencial, premer aquí.

Para ver as actividades a realizar mediante a modalidade online, premer aquí.

Para incricións no proceso participativo, premer aquí.

Para máis información sobre o proceso participativo, premer aquí.

Compartir
Tabla de contidos