Presentación do Informe de Análise da Enquisa de Condicións de Vida con Enfoque de Infancia en Galicia

Presentaremos en liña os resultados do novo informe que analiza a situación da infancia en Galicia. Non perdas esta oportunidade de coñecer máis sobre a realidade da infancia na nosa comunidade.

O vindeiro martes 23 de setembro de 2025, de 10:00 a 11:00 horas, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) en colaboración coa Plataforma de Infancia presentará o Informe de Análise da Enquisa de Condicións de Vida con Enfoque de Infancia en Galicia.

Este informe ofrece unha visión específica da realidade da infancia e da adolescencia en Galicia, a partir da análise dos microdatos da Enquisa de Condicións de Vida.

📅 Data: 23 de setembro de 2025
🕙 Horario: de 10:00 a 11:00 h
💻 Modalidade: en liña (Zoom)

Confirmaremos a praza por correo electrónico e facilitaremos a ligazón de acceso á sesión EN LIÑA. Non perdas a oportunidade de coñecer máis sobre a realidade e os retos da infancia en Galicia 🙌

Inscricións aquí
Compartir
Tabla de contidos