Formacións sobre o bo trato e espazos seguros para o persoal técnico do sistema de protección

🔹 Aberta a inscrición! 🔹 Se traballas con infancia e adolescencia no sistema de protección, participa nas formacións sobre a LOPIVI e creación de espazos seguros e libres de violencia. 📍 Santiago, Coruña, Ourense, Vigo e Lugo.

Unha oportunidade de formación pensada para o persoal técnico do sistema de protección/medidas xudiciais que traballa ou convive con infancia e adolescencia tutelada. Esta iniciativa, impulsada pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e coa colaboración da Fundación La Caixa, busca dotar aos profesionais das ferramentas necesarias para garantir ambientes seguros e libres de violencia.

En que consisten as formacións?

As formacións están deseñadas para profundizar nos seguintes aspectos:

  • LOPIVI: Coñecemento e aplicación dos principios desta normativa para a protección da infancia e adolescencia.
  • Creación de espazos seguros: Estratexias e metodoloxías para fomentar contornas que garanticen o benestar dos NNA.
  • Espazos libres de violencia: Identificación de situacións de risco, alzamento da voz e coñecemento das modalidades de denuncia.

Detalles da formación

  • Dirixido a: Persoal técnico do sistema de protección/medidas xudiciais que traballa ou convive con infancia e adolescencia tutelada.
  • Duración: Cada sesión ten unha duración de 4 horas.
  • Localizacións: Santiago, Coruña, Ourense, Vigo e Lugo.
  • Formato: En cada localización impartiranse dúas formacións complementarias.
    Recomendación: Se estás interesado, inscríbete a ambas sesións para aproveitar ao máximo o contido.
  • Formadores: Amino Galicia e Crianza Terapéutica.
  •  

Como inscríbete?

Para asegurar a túa praza, visita o seguinte enlace:
https://forms.gle/Pfc2v8YMiCnaG1n56

Non perdas esta oportunidade de formación que contribuirá a crear contornas seguras e de confianza para a infancia e adolescencia.



INSCRICIÓNS

Compartir
Tabla de contidos