Informe “Infancia e Pobreza”: Opinións e propostas de nenos, nenas e adolescentes

O informe “Infancia e pobreza” recolle as experiencias de máis de 2.000 nenos e nenas en España para identificar retos como o acceso a recursos básicos ou a discriminación. Galicia tamén participou neste proceso, dando visibilidade ás voces da infancia galega.

En España, máis de 2,7 millóns de nenos, nenas e adolescentes viven en situación de pobreza ou exclusión social, segundo o Indicador AROPE. Esta realidade, ademais de afectar o día a día, limita gravemente as súa oportunidades futuras. Co obxectivo de darlles voz e poñer as súa experiencias no centro, a Plataforma de Infancia Estatal liderou o proceso participativo “Infancia e pobreza”. Nel participaron 2.218 nenos, nenas e adolescentes de entre 6 e 17 anos de 29 provincias, incluída Galicia, na que participou o Grupo de Participación Infantil da POIG.

Retos identificados e propostas clave

O informe recolle as opinións da infancia sobre como as situacións de pobreza afectan os seus dereitos e propón solucións baseadas na súa experiencia. Algúns dos retos destacados son:

  • Acceso a recursos básicos: As carencias materiais impactan directamente na calidade de vida. Ademais da alimentación ou vivenda, os nenos mencionan o impacto emocional desta desigualdade.
  • Discriminación social e institucional: Denuncian tratos inxustos debido á súa situación económica, demandando medidas que aseguren a igualdade de oportunidades.
  • Transmisión interxeracional da pobreza: A infancia percibe como a pobreza dificulta romper co círculo da exclusión, especialmente en ámbitos como a educación e a saúde.
  • Participación e dereitos: Os nenos queren que as súa voces sexan escoitadas e tidas en conta nas políticas públicas. Como destacan: “Os dereitos non son caprichos, son nosos”.

Galicia na loita contra a pobreza infantil

En Galicia, participaron numerosos grupos de participación infantil, centros educativos e o Grupo de Participación Infantil e Adolescente “Redeir@s”, que destacou a importancia de recoñecer as necesidades emocionais ademais das materiais. As súa propostas inclúen a mellora do acceso a servizos públicos e a creación de programas de apoio para familias en situacións vulnerables.

Unha chamada á acción

Este informe é unha ferramenta esencial para deseñar políticas públicas que garantan os dereitos da infancia. Como sociedade, temos a responsabilidade de actuar: “A pobreza infantil non é soamente un problema das familias afectadas; é unha cuestión de todos e todas”.

Consulta o informe completo e as súas propostas aquí: Ligazón ao informe

Compartir
Tabla de contidos