Convención sobre os Dereitos do Neno

Recoñece a todas as persoas menores de 18 anos como suxeitos de pleno dereito. A Convención recolle os dereitos humanos básicos dos que deben gozar todos os nenos, nenas e adolescentes, e establece catro principios fundamentais: a non discriminación, o interese superior da infancia, o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento, e o dereito á participación infantil e adolescente.

Materiais para coñecer e traballar a CDN

Accede á versión oficial da Convención sobre os Dereitos do Neno e aos materiais adaptados por idades para traballar os dereitos da infancia dun xeito máis próximo, visual e comprensible

01 Convención adaptada de 6 a 8 anos
Portada da Convención adaptada de 6 a 8 anos

Para nenos e nenas de 6 a 8 anos

Material adaptado para achegar os dereitos da infancia ás idades máis pequenas, cunha linguaxe sinxela, visual e próxima.

6 a 8 anos Material adaptado PDF
02 Convención adaptada de 9 a 12 anos
Portada da Convención adaptada de 9 a 12 anos

Para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 12 anos

Recurso adaptado para traballar a Convención con idades intermedias, facilitando a comprensión dos dereitos e a reflexión sobre a súa vida cotiá.

9 a 12 anos Material adaptado PDF
03 Convención adaptada de 13 a 18 anos
Portada da Convención adaptada de 13 a 18 anos

Para adolescentes de 13 a 18 anos

Material adaptado para afondar na Convención con adolescentes, promovendo unha lectura máis autónoma, crítica e participativa dos seus dereitos.

13 a 18 anos Material adaptado PDF
04 Convención oficial sobre os Dereitos do Neno
Portada da Convención oficial sobre os Dereitos do Neno

Texto oficial da Convención

Documento oficial da Convención sobre os Dereitos do Neno para consulta, lectura e referencia en accións formativas, educativas ou institucionais.

Convención oficial Dereitos da infancia PDF
Recomendación: emprega as versións adaptadas segundo a idade do grupo co que vaias traballar e a versión oficial como documento de referencia.

Artigos 1 e 2: A quen se aplica a Convención

Todos os nenos e nenas son importantes; eu tamén

Artigo 7 e 8: Dereito ao nome e á nacionalidade

Todos os nenos e nenas teñen dereito a un nome

Artigo 19: Protección contra toda forma de violencia

Ninguén ten dereito a pegarme nin a rirse de min

Teño dereito a que me traten ben

Artigo 16, 20 y 22: Dereito á protección. Protección contra o maltrato e o abuso

Teño dereito a vivir sen medo

Artigo 24 e 25: Dereito á saude

Teño dereito a recibir axuda cando estea malo

Artigo 28: Dereito á educación

Teño dereito a aprender moitas cousas no colexio

Artigo 27: Dereito a un nivel de vida adecuado

Teño dereito a vivir ben

Artigo 31: Dereito ao descanso e ao ocio

Teño dereito a xogar

Artigo 12: Dereito a expresar a miña opinión

Teño dereito a dicir o que penso

Artigos 1 e 2: A quen se aplica a Convención?

A familia é moi importante para o desenvolvemento, benestar e felicidade dos nenos e nenas. O Goberno debe poñer medios para asegurar que se respecten os seus dereitos

Artigos 7 e 8: Dereito ao nome e á nacionalidade

Todos os nenos e nenas teñen dereito a un nome e a unha nacionalidade. Todos son importantes en igual medida e non deben ser discriminados

Artigos 12, 13 e 14: Dereito á liberdade de expresión, opinión e relixión

As persoas que deciden sobre asuntos que afectan á infancia deben ter en conta os intereses do neno e da nena. Todos teñen dereito a expresar o que senten

Artigos 24, 25 e 28: Dereito á educación. Dereito á saúde

Todos os nenos e nenas teñen dereito a asistir ao colexio, aprender e recibir coidados cando estean enfermos

Artigo 27: Desenvolvemento e condicións de vida

Todos os nenos e nenas teñen dereito a unhas condicións dignas de vida

Artigos 20, 21, 22 e 23: Fogares de acollida e adopción, refuxiados, discapacidade e axudas especiais

Os nenos e nenas que non estean coa súa familia, que teñan que abandonar o seu país ou que teñan unha discapacidade deben recibir protección, apoio e axuda especiais

Artigos 12, 13, 14 e 17: Liberdade de expresión, opinión e relixión, e diversidade de información

As ideas e crenzas deben ser respectadas. Tamén teñen dereito a recibir información de diferentes medios e a manter a súa lingua, costumes e relixión

Artigo 24: Dereito á saúde

Todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir nun medio ambiente saudable

Artigo 15: Dereito á intimidade

Todos os nenos e nenas teñen dereito a que se respecte a súa intimidade. Ninguén pode ler as súas cartas ou escritos sen permiso

Artigos 5, 18 e 26: Responsabilidade dos pais

Todos teñen dereito a estar co seu pai e coa súa nai, e os pais e nais teñen as mesmas obrigas respecto dos seus fillos e fillas

Artigos 19, 34 e 39: Protección contra o maltrato, os abusos e a explotación

Ningún neno ou nena debe ser maltratado, explotado ou abandonado. Se sofre maltrato, ten dereito a ser protexido e axudado

Artigo 17: Dereito á diversidade de información

Todos os nenos e nenas teñen dereito a estar informados e a coñecer cales son os seus dereitos

Artigos 1 e 2: A quen se aplica a Convención?

A Convención vai dirixida a todos os rapaces e rapazas menores de 18 anos

Artigo 2: Non discriminación

Todos os rapaces e rapazas teñen os mesmos dereitos, sen discriminación por sexo, cor, idioma, nacionalidade, orixe, relixión, opinións, discapacidade ou calquera outra condición. Se son discriminados ou intimidados, teñen dereito a ser protexidos

Artigo 3: Interese superior dos mozos e mozas

Cando se tomen decisións que afecten a rapaces e rapazas, debe terse sempre en conta o seu interese superior

Artigo 4: Aplicación dos dereitos e cooperación internacional

Os Estados deben adaptar as leis e tomar as medidas necesarias para garantir o cumprimento destes dereitos. Cando non teñan recursos suficientes, deben procurar apoio a través da cooperación internacional

Artigos 5, 18, 26 e 27: Responsabilidades dos pais, coidado e condicións de vida

Nai e pai teñen responsabilidades comúns na educación e desenvolvemento dos seus fillos e fillas. O Estado debe apoiar ás familias e garantir servizos e condicións que favorezan o benestar dos rapaces e rapazas

Artigo 6: Dereito á vida e ao desenvolvemento

Todos os rapaces e rapazas teñen dereito á vida. O Estado debe facer todo o posible para asegurar o seu crecemento e desenvolvemento

Artigos 7 e 8: Dereito ao nome, á nacionalidade e á identidade

Teñen dereito a ser inscritos ao nacer, recibir un nome, adquirir unha nacionalidade, coñecer os seus pais na medida do posible e conservar a súa identidade

Artigos 9, 10 e 11: Relación coa familia e protección fronte a traslados ilícitos

Non deben ser separados dos seus pais salvo que sexa polo seu ben. Se viven separados, teñen dereito a manter contacto con eles cando sexa posible. Tamén deben ser protexidos fronte a traslados ou retencións ilícitas noutro país

Artigos 12, 13 e 14: Participación, expresión, opinión e relixión

Teñen dereito a expresar as súas opinións, a que sexan tidas en conta nos asuntos que lles afectan, a buscar e recibir información, e a ver respectadas as súas ideas, pensamentos e crenzas

Artigo 15: Dereito a asociarse

Teñen dereito a crear asociacións, formar parte delas e celebrar reunións pacíficas, sempre que se respecten os dereitos doutras persoas

Artigo 16: Dereito á intimidade

Ninguén debe atacar de maneira arbitraria a súa vida privada, familiar, fogar, correspondencia, honra ou reputación

Artigo 17: Dereito á información

Teñen dereito a acceder a información de calidade a través de libros, prensa, radio, televisión ou outros medios, tamén na súa lingua cando corresponda

Artigos 19, 32, 33, 34, 35, 36, 38 e 39: Protección fronte á violencia, explotación e situacións de risco

Deben ser protexidos fronte ao maltrato, abandono, abuso, explotación laboral ou sexual, drogas, tráfico de menores, conflitos armados e calquera outra forma de explotación. Se sufriron dano, teñen dereito a recibir apoio para recuperarse e vivir con dignidade

Artigos 20 e 21: Protección fóra da familia, acollemento e adopción

Cando non poidan vivir coa súa familia ou precisen protección, deben recibir coidado alternativo adecuado. A adopción ou o acollemento deben realizarse sempre pensando no seu benestar

Artigo 22: Rapaces e rapazas refuxiados

Os rapaces e rapazas que tiveron que abandonar o seu país, sós ou coa súa familia, teñen dereito a protección, axuda e acceso aos seus dereitos no país de acollida

Artigo 23: Discapacidade e apoios especiais

Os rapaces e rapazas con discapacidade teñen dereito a vivir de forma autónoma, participar na sociedade e recibir os apoios, axudas e educación que precisen.

Artigo 24: Dereito á saúde

Teñen dereito ao maior nivel posible de saúde, atención sanitaria, alimentación adecuada, auga potable e protección fronte a riscos para a súa saúde.

Artigo 25: Revisión da situación de protección ou internamento

Se están baixo coidado, protección ou tratamento por parte das autoridades, teñen dereito a que a súa situación sexa revisada periodicamente.

Artigo 28: Dereito á educación

Teñen dereito á educación básica gratuíta, á orientación profesional e ao acceso á educación secundaria e superior en igualdade de oportunidades.

Artigo 28: Obxectivos da educación

A educación debe axudarlles a desenvolver a súa personalidade, capacidades, respecto polos dereitos humanos, identidade cultural, igualdade, paz e respecto polo medio ambiente.

Artigo 30: Dereito á propia cultura, lingua e relixión

Os rapaces e rapazas pertencentes a minorías teñen dereito a manter a súa cultura, practicar a súa relixión e usar a súa lingua.

Artigo 31: Dereito ao descanso, ao lecer e á cultura

Teñen dereito ao descanso, ao xogo, ao tempo libre e a participar na vida cultural e artística

Artigo 40: Menores infractores

Se un rapaz ou rapaza comete unha infracción, debe ser tratado con dignidade, recibir garantías legais e contar con apoio para a súa reintegración social.