Formacións para persoal técnico sobre espazos seguros e libres de violencia para nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) co apoio de La Caixa mediante Crianza Terepéutica, organiza unhas xornadas de formación para persoal técnico de entidades do sistema de protección da infancia e adolescencia.

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) co apoio da Fundación La Caixa, organiza unhas xornadas de formación para persoal técnico de entidades do sistema de protección da infancia e adolescencia.

A xornada formativa será de 4 horas de duración e terá lugar nas cidades de Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela ao longo dos meses de febreiro e marzo.

As formacións xiran en torno ao papel do referente adulto como clave fundamental para previr e fomentar respostas alternativas á relación violenta nas entidades de infancia e adolescencia dos centros de acollemento residencial, no eido do acollemento familiar e nos programas sociais que traballan con estos nenos e nanas.

Ademais, tratan de achegar a base teórica que lles axude a comprender o ciclo da resposta violenta nos mozos e mozas e en neles/as mesmos/as. Para iso, propoñeranse actividades de autoexploración e traballo que permitan avanzar e perfeccionar a proposta relacional.

Obxectivos:

  • Establecer as habilidades necesarias do persoal técnico de entidades sociais para crear espazos libres de violencia para nenos, nenas e adolescentes vinculados ao sistema de protección.
  • Contribuír a crear espazos seguros e libres de violencia nas entidades do sistema de protección que traballan e conviven con nenas, nenos e adolescentes máis vulnerables.

Contidos:

  • A natureza da resposta violenta nos seres humanos.
  • O papel da neglixencia, malos tratos e o trauma temperán na hiperactivación do sistema defensivo.
  • Técnicas relacionales claves para a xeración de seguridade.
  • Adestramento en autorregulación desde o autoconocimiento do adulto.

Metodoloxía:

Os encontros formativos atenden a tres eixos:

  • Saber: Trátase de achegar base teórica. Propiciar o achegamento aos paradigmas esenciais. Actualización teórica acerca das áreas relacionadas cos cursos. Guía para a autoformación e auto-actualización continua.
  • Ser: Traballo sobre a autoconocimiento e autocuidado persoal e do equipo de traballo e formativo.
  • Saber e facer: Achegar momentos e técnicas de adestramento para a práctica de cada participante.

Datas, lugares de realización:

  • 15 febrero (9:30-13:30 hs.) SANTIAGO DE COMPOSTELA – Sede da POIG: Rúa Belvís 2 (Santiago de Compostela)
  • 14 marzo (9:30-13:30 hs.) CORUÑA – Colexio Salesiano: Rúa Don Bosco 1 (Coruña)
  • 18 abril (9:30-13:30 hs.) OURENSE – Colexio Salesiano: Plaza Don Bosco 1 (Ourense)
  • 16 mayo (9:30-13:30 hs.) VIGO – Centro O Seixo: Rúa Ramón Nieto 63 (Vigo)
  • 6 junio (9:30-13:30 hs.) LUGO – Fundación Dignidade: Rúa Alcalde Ramiro Rueda 10, baixo (Lugo).

O número máximo de persoas asistentes é de 20 en cada formación.

Inscricións: https://forms.office.com/e/Xwmr5FxEzH

Máis info:

  • Chamada ou whatsapp: 747491242
  • Email: secretariatecnica@infanciagalicia.org

Sobre a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha entidade que aglutina a 37 entidades co obxectivo principal da protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas do 20 de novembro de 1989.

Compartir
Tabla de contidos