Idioma |

A Xunta constitúe o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

Hoxe constituíuse o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA), no cal trinta mozos e mozas de entre oito e dezasete anos, procedentes do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG, dos Conselos Locais de participación infantil dinamizados por UNICEF e do Sistema de Protección da Xunta, nomeáronse vogais e representantes da infancia e adolescencia galega.
CAIA

O órgano colexiado foi constituído nunha xornada de traballo na que os nenos, nenas e adolescentes foron os/as protagonistas.

Hoxe, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, trinta mozos e mozas de entre oito e dezasete anos foron nomeados/as vogais representantes da infancia e adolescencia galega.

Entre os e as participantes, atópanse dez nenos, nenas e adolescentes procedentes do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG, quince dos Consellos Locais de participación infantil dinamizados por UNICEF e cinco do Sistema de Protección da Xunta.

A Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presidíu esta primeira sesión na cal se traballou cos nenos, nenas e adolescentes. A continuación, dous xóvenes representantes do CAIA, fixeron un resumo do traballo realizado nesta primeira sesión.

Constitución do CAIA

Fabiola García asegurou que coa súa constitución, a comunidade galega avanza na conquista de dereitos para a infancia e adolescencia e permite fomentar o espíritu crítico entre a xuventude, ao mesmo tempo que rompe cos estereotipos que recaen sobre esta etapa da vida. Neste senso, apuntou que Galicia conta cunha xuventude comprometida, concienciada e con moito que contar.

Coa constitución do CAIA, ábrese unha nova etapa na que a comunidade contará con este foro colexiado, o cal contribuirá a facer realidade o dereito á participación social dos nenos, nenas e adolescentes da contorna rural, urbana e de diferentes colectivos do ámbito social galego.

Dita constitución permitirá visibilizar á infancia e adolescencia como suxeitos activos de dereitos, incidindo na súa mellora segundo a Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas.

NNA do CAIA e membros de entidades da POIG

Trátase dunha demanda realizada desde anos atrás á Xunta desde a POIG e UNICEF, os cales seguirán incidindo na necesidade de darlle voz aos nenos, nenas e adolescentes galegos mediante a creación de Concellos Locais de Participación Infantil e noutros espazos con relevancia para á infancia, como centros educativos ou entidades de infancia.

Sobre a POIG

A Plataforma de Organizacións de Infancia Galega fundada no ano 2018 agrupa a 37 organizacións que comparten o obxectivo de defender, promover e protexer os dereitos das nenas, nenos e adolescentes no territorio galego.

Compartir
Tabla de contidos