Idioma |

Impacto do COVID-19 nos centros educativos con alumnado xitano

A Asociación de Enseñantes con Gitanos (AECGIT) publicou un documento de posicionamento sobre a desigualdade no contexto educativo do Pobo Xitano na pandemia.

A Asociación de Enseñantes con Gitanos (AECGIT) publicou un documento de posicionamento sobre a desigualdade no contexto educativo do Pobo Xitano na pandemia

No documento “Impacto do Covid-19 nos centros educativos con alumnado xitano” a Asociación de Enseñantes con Gitanos comparten a realidade vivida próxima ao alumnado xitano e ás súas familias por mor do Covid-19.

O documento partíu da verificación do Decálogo que proponían no documento “A AECGIT ante a fenda dixital e social nos contextos vulnerables e vulnerados (COVID-19)”.

A pandemia provocada polo COVID-19 e o corte das clases presenciais non fixeron outra cousa que acrecentar esa brecha social que existía.

Tamén demostrou que a fenda dixital non só se daba nos contextos vulnerables, senón que se ampliaba a outros da comunidade educativa.

Así mesmo no manifesto amosan que a exclusión social é un fenómeno estrutural, dinámico, multifactorial, multidimensional e mesmo usado politicamente segundo comprobamos nestes últimos meses.

O seu crecemento trouxo aparellado un grave aumento da fenda dixital, sendo o colectivo máis afectado o das familias e centros que se atopan en zonas desfavorecidas.

AECGIT, no documento de posicionamento:

  • Visibiliza a heteroxeneidade.
  • Advirte de que a desigualdade agudizouse.
  • E realiza diversas reivindicacións en favor da disminución das desigualdades entre os nenos, nenas e adolescentes do pobo xitano nas aulas.

Podes ler ou descargar o documento completo na seguinte ligazón “Impacto do Covid-19 nos Centros Educativos con alumnado xitano”.

Compartir
Tabla de contidos