20 anos formando parte da vida de máis de dous mil nenos e nenas
O 4 de outubro tivo lugar, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, o acto de clausuara do 20 Aniversario de Arela.
Tras a apertura de portas e inaguración por parte das autoridades, celebrouso o acto de clausura da celebración dos 20 anos desta asociación que deu paso a conferencia de Pepa Horno: «A educación afectivo sexual como ferramenta de prevención do abuso sexual infantil«.
A xornada rematou cun aperitivo que facilitou texer redes entre os asistentes.
A asociación Arela leva 20 anos adicada «o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social«. Na súa misión está tamén «fomentar iniciativas de intervención e prevención destas situacións, a través de accións de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen«.
O presidente de Arela, Santiago Fernández Fandiño, reflexionou no acto de clausura da celebración dos 20 anos de Arela sobre «todos os que estamos o estiveron en Arela, formamos parte dun trozo da vida de máis de dous mil rapaces; … o único que vale a pena celebrar é que formamos parte da vida destes nenos, nenas e adolescentes».
Corina Porro, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo deixou dun lado o discurso institucional para compartir «vexo a moitas persoas moi queridas, con as que fixen un camiño xuntas para traballar contra as desigualdades». Agradeceu a Arela vinte anos de entrega, dedicación e calidade profesional. «Desde o anonimato, dixo, estades a conseguir unha sociedad máis xusta».
No acto de celebración dos 20 anos de Arela tamén estivo Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional. A conselleira declarou que toda a infancia é o futura de Galicia e que detrás de cada historia dun neno e nena en Arela hai unha historia de traballo en silencio, de apostar polas necesidades e dereitos de todas as persoas. Pomar afirmou que «A Xunta asume o compromiso de estar a voso lado para acompañar á infancia en situación de desprotección«.
Durante el acto de clausura proxectouse este video para celebrar os 20 anos de Arela, cousas sinxelas do día a día que falan de sentirse na casa…