A POIG aplaude a posta e marcha do Observatorio Galego da Infancia

A POIG aplaude a posta e marcha do Observatorio Galego da Infancia

A Plataforma de Infancia de Galicia aplaude a posta e marcha do Observatorio Galego da Familia e da Infancia.

Así o mércoles 26 de febrero (2020) as 10 horas, a conselleira de Política Social de la Xunta de Galicia, Fabiola García, presidiu á sesión constitutiva que tivo lugar na sala plenos do consello Económico e Social de Galicia en Santiago de Compostela.

E segundo explica o presidente da Plataforma de Infancia de Galicia, Xesús Vilas, “Dende a POIG saudamos a posta en marcha do Observatorio galego da Infancia que debe converterse nun importante instrumento ao servizo dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes da nosa comunidade, e de xeito especial no deseño de estratexias comúns en favor dos colectivos máis vulnerables“.

Ademáis o Observatorio é un órgano colexiado e participativo no que están presentes:

  • todas as administracións de Galicia,
  • as tres universidades,
  • os axentes sociais e,
  • a través da Plataforma de Infancia de Galicia, as entidades do terceiro sector que traballan coa infancia na comunidade galega

Tamén o carácter deste novo Órgano asesor é de apoio, análise, investigación e de propostas de actuación en materia de familia e infancia.

Obxectivos do Observatorio galego da Infancia

Entre os principais obxectivos cabe destacar: recompilación, análise e intercambio de información; realización de estudos, investigación e informes técnicos para un mellor coñecemento da situación; servir de canle entre os distintos departamentos das administración públicas; canalizar as propostas das organización sociais; promover e sensibilizar sobre os dereitos da infancia en Galicia; e impulsar a perspectiva da familia e infancia no ordenamento xurídico galego.

A POIG agrupa a 30 entidades que traballan a favor da infancia

A Plataforma de Infancia de Galicia agrupa a 30 entidades que traballan a favor da infancia no territorio galego.

Ademáis como obxectivos fundamentais traballa na protección e promoción dos Dereitos da Infancia, recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989 e ratificada polo Parlamento español.

Neste sentido, o seu interese é incrementar o benestar da Infancia e denunciar e facer seguimento das situacións que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.


Compartir
Tabla de contidos