A Plataforma impulsa a formación en Incidencia Política sobre a figura do Delegado/a de Protección en Ocio e Tempo Libre
A formación organizada pola POIG en colaboración coa Plataforma de Infancia Estatal tivo como obxectivo principal fortalecer a capacidade das entidades e do persoal técnico para defender e promover os dereitos da infancia e adolescencia a través da incidencia política. Esta iniciativa busca facilitar a incorporación da figura do Delegado/a de Protección en Ocio e Tempo Libre, un rol esencial para garantir a seguridade e o benestar de nenas, nenos e adolescentes durante as actividades de ocio, tempo libre e campamentos.
A creación deste cargo é fundamental, especialmente en consonancia coa Lei Orgánica de Protección Integral da Infancia e da Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI), que establece a necesidade de protección e atención específica para a infancia e adolescencia en contextos de vulnerabilidade e/ou exclusión social. A formación proporcionou ao persoal técnico as ferramentas necesarias para avogar por esta figura e asegurar que se implemente correctamente, contribuíndo así á protección dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.
En que consistiu a formación?
Durante a xornada, abordáronse temas esenciais como a importancia do Delegado/a de Protección, os requisitos legais e a implementación de protocolos. Tamén se proporcionou un toolkit de incidencia, con ferramentas e estratexias para que as entidades poidan comunicarse eficazmente con institucións e defender a necesidade de incorporar esta figura nas normativas autonómicas. Este compromiso fortalece as capacidades das entidades que traballan coa infancia e adolescencia asi como a do persoal técnico, permitindo un impacto positivo e directo sobre a protección da infancia e adolescencia en Galicia.