II exposición: «Unha viaxe creativa e solidaria á Vida»
Fai dous anos, Fundación Tierra de Hombres iniciou en Vigo o programa «Viaje hacia la Vida«. Esta iniciativa fixo posible que unha nena do Senegal (2018) e un neno de Guinea Conmakry (2019), foran operados das súas enfermedades, dun xeito altruista, por equipos médicos do Hospital Alvaro Cunqueiro.
Agora, dous anos despois, a II Exposición colectiva «Unha viaxe solidaria e creativa á vida» da continuidade a este proxecto. 55 artistas galegos únense e participan nesta mostra a favor das necesidades dos que máis o necesitan. Os artistas, a maioría galegos, están a ser coordinados por Mingos Teixeira, Gonzalo Selles, Álvaro Rodríguez y Sara Pérez.
Todos doaron para a ong unha peza para ser vendida ao prezo de 150 euros cada unha.
«Unha viaxe solidaria e creativa á vida» conta tamén coa colaboración de Afundación Obra Social Abanca que a acolle na súa Sala de Exposiciones I en Policarpo Sanz 24-26 de Vigo.
A exposición está aberta ao público de luns a sábado, de 17,30 a 20,30 h.
+ información e visitas concertadas chamando ao teléfono: 628 367 030.
«Unha viaxe solidaria e creativa á vida» está aberta ata o 2 de xuño. Este día a visita tamén Alkaly, un dos nenos beneficiados por este proxecto, xa que nestas datas está en Vigo no su proceso de recuperación.