Formacións sobre espazos seguros en Lugo
O día 6 de xuño tivo lugar en Lugo a derradeira formación sobre Espazos libres de violencia para nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección dirixido a persoal técnico de entidades do sistema de protección.
Trátase dunha formación realizada dentro do Programa «Coñecer para Protexer: por un trato sen violencia á Infancia e á Adolescencia» apoiado pola subvención de Proxectos Sociais en Galicia da Fundación La Caixa.
Ao longo dos meses foron tendo lugar as seguintes formacións: Santiago de Compostela (15 febreiro), Ourense (18 abril), A Coruña (14 marzo), Vigo (16 maio) e finalmente a de Lugo.
Nas mesmas, cunha duración de 4 horas, traballouse sobre os oseguintes temas:
- O papel referente do adulto nos centros de menores e/ou no trato coa infancia do sistema de protección, como clave fundamental para previr e fomentar respostas alternativas á relación violenta.
- Base teórica para comprender o ciclo de resposta viomenta dos mozos e mozas.
- Actividades de autoexploración para avanzar e perfeccionar nas relacións.
O obxectivo principal é a que establecer habilidades necesarias ao persoal técnico de entidades do sistema de protección para crear espazos libres de violencia onde residen os nenos, nenas e os/as adolescentes máis vulnerables.
Adicionalmente, este proxecto dende o mes de decembro incidíu nun maior coñecemento sobre a Lei Orgánica de Protección á Infancia e á Adolescencia, máis coñeceida por LOPIVI, mediante a realización de dez talleres a través dos cales, e mediante procesos de participación infantil e adolescente, expúxose ás mozas e mozas das entidades membro os puntos máis relevantes que recolle esta lei, traballando tamén na prevención e nos canles de denuncia.