DIGNIDADE, Fundación Educativa e Social
A Fundación Educativa e Social DIGNIDADE, especializada en centros de atención de menores protexidos, traballa polas familias e a infancia dende o ano 1999.
Coordinada por Victorino Escamilla, a Fundación Dignidade, con sede en Lugo, traballa a prol de mellorar as vidas dos menores que non poden estar baixo o coidado das súas familias. Por esta razón, a entidade conta con centros de atención a menores que teñan algún tipo de medida de protección.
Os seus centros
Así mesmo, traballan con menores que se atopan en situación de reforma por delitos, nun centro de medidas xudiciais en Lugo (CIEMA). A este, súmaselle o centro de atención de día (tamén en Lugo) e completan a súa labor cos centros de familias en Lugo e Santiago de Compostela, ademais da nova miniresidencia de Mondoñedo.
Obxectivos
A súa labor non é só a de asistencia residencial ou de día, senón que traballan o comprender das circunstancias que levaron a eses menores ade idade súa situación. Non os xulgan, senón que os acompañan no seu desenvolvemento. O seu principal obxectivo? orientar a súa intervención a crear vínculos de desenvolvemento positivo, así como xerar estruturas e bases que permitan unha boa vida adulta. Para que, desta forma, como adultos, non reproduzan os problemas que sufriron cando eran cativos.
Os valores de DIGNIDADE
Por esa razón tratan de inculcar uns valores fundamentais e positivos dende a súa labor e os seus centros:
- Dignidade e bo trato cos menores de idade
- Autonomía dos menores de idade e integración social
- Traballo en equipo e con obxectivos comúns
- Creatividade e innovación nas súas metodoloxías
- Mellora continua, motivación e ilusión da súa comunidade
- Compromiso coa súa contorna social
Podedes escoitar a entrevista a Victorino Escamilla, para coñecer a entidade de primeira man en El Portal de la Infancia: ENTREVISTA
Ademais, se queredes coñecer o resto das entidades que apoian a nosa labor, podedes atopalas AQUÍ