POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Canle ética
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Canle ética
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S
Novas

As entidades sociais galegas animan á cidadanía a marca o X Solidario na súa Declaración da Renda

3 abril, 2024
By POIG
0 Comment
707 Views
  • Na campaña anterior, un 54,5% dos contribuíntes galegos e galegas, marcaron o recadro do X Solidario (24.528 máis que no ano anterior), recadándose 24.029.488 de euros, (2.638.195 euros máis que o ano anterior).
  • Se todas as galegas e galegos marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 39.461.392€, é dicir, 15.431.905 € máis dos recadados.
  • No 2023, 153 organizacións de acción social de toda Galicia levaron a cabo 733 proxectos que beneficiaron de xeito directo a un mínimo de 146.500 persoas.

Santiago de Compostela, 3 de abril. As entidades do Terceiro Sector de Acción Social galego, representadas por EAPN- Galicia, CERMI- Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), reuníronse un ano máis con motivo do inicio da campaña do X Solidario para intentar que máis galegas e galegos se sumen a marcar o cadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”.

A Praza da Quintana en Santiago de Compostela acolleu o acto de rúa da presentación da campaña onde entidades e persoas beneficiarias fixeron un novo chamamento para que o financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF continúe crecendo e así posibilite que as ONG poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas. A iniciativa, que contou coa colaboración do Colexio oficial de Arquitectos de Galicia, consistiu na elaboración dun X xigante cunha tea laranxa no medio da praza.

Por outra banda, as entidades tamén animaron a todas aquelas persoas que xa están sensibilizadas a apoiar a difusión da campaña, que este ano chega ás redes coa etiqueta #EquipoXSolidaria.

A lectura do manifesto realizouse no interior das instalacións do Campus Stellae e contou cunha intérprete en lingua de signos, Noemí Vázquez Miguez, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).

Representantes da POIG, EAPN e CEMI

Correu a cargo da Presidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), Mónica Viqueira, o Secretario Xeral do CERMI-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro e do Director de EAPN-Galicia, Xosé Cuns, quenes reclamaron á Xunta de Galicia, responsable da regulación do procedemento de reparto de axudas, unha simplificación burocrática e unha única convocatoria.

Un recadro que cada ano conta con máis adeptos

Durante o 2023, a campaña recadou en Galicia 24.029.488€, grazas a que 775.395 persoas (o 54,5% do total de contribuíntes) marcaron o X Solidario na súa Declaración, o que supón unha recadación de 30’99 € por persoa.

Un éxito porque foron 24.528 persoas máis que no 2022, o que permitiu recadar 2.638.195€ máis. Aínda así, 647.628 contribuíntes seguen sen marcar o X Solidario (530.187 non marcaron ningún recadro e 117.441 só marcaron o da Igrexa). Se todos os galegos e galegas marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 39. 461 392 Euros (15.431.905 € máis).

A nivel estatal, a campaña da renda do ano pasado recadou 475.902.000 € grazas a que 12.052.295 persoas marcaron o X Solidario súa Declaración, é dicir, un 53% do total de persoas declarantes. O que supón que o número de persoas contribuíntes solidarias creceu en case 2 millóns nos últimos 10 anos.

Unha recadación que chega cada ano a todo tipo de realidades

Todos estes fondos recibidos durante a campaña do ano pasado axudan a dar resposta a realidades concretas: apoio ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, educación para a saúde, teleasistencia, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a persoas xordas na súa contorna socio-familiar, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.

Dende as entidades de acción social galegas queremos recordar que marcando o X Solidario, o recadro de Fins Sociais, nin se paga máis nin se recibe menos cartos no caso de devolución e, como contrapartida, contribuímos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)

Máis información:

www.xsolidaria.org

EAPN Galicia / CERMI / Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)

Marcar o X Solidario non custa nada

  • Nin pagas máis, nin che devolverán menos.
  • Se xa se marca o cadro da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, pódese axudar o dobre.
  • Se fas a declaración a través da app, cadro aparece como “Fines Sociales”
Tags: renda TercerSectorGalicia xsolidaria

Previous Story
A Asemblea Xeral da Plataforma de Organizacións de Infancia Galega ratifica a súa nova Xunta Directiva
Next Story
Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • A pobreza redúcese en España, pero non chega á infancia máis vulnerable lunes, 13, Abr
  • Mantense estable o impulso social da poboación galega marcando o X solidario con máis recadación para proxectos sociais martes, 7, Abr
  • Patronal e sindicatos do sector de protección e reforma da infancia asinan un acordo histórico pola igualdade salarial viernes, 27, Mar
  • A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia jueves, 5, Mar
  • A POIG celebra a súa primeira Asemblea Xeral de 2026 e reforza o traballo en rede miércoles, 4, Mar

Comentarios recientes



    Dirección: Manuel María, 6 – SALGUEIRIÑOS – 15705 – Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: secretariatecnica@infanciagalicia.org

    Colabora

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

    Aviso de cookies
    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    lunes, 13, Abr
    A pobreza redúcese en España, pero non chega á infancia máis vulnerable
    martes, 7, Abr
    Mantense estable o impulso social da poboación galega marcando o X solidario con máis recadación para proxectos sociais
    viernes, 27, Mar
    Patronal e sindicatos do sector de protección e reforma da infancia asinan un acordo histórico pola igualdade salarial
    jueves, 5, Mar
    A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia
    miércoles, 4, Mar
    A POIG celebra a súa primeira Asemblea Xeral de 2026 e reforza o traballo en rede
    miércoles, 25, Feb
    Seminario web sobre as novidades no certificado de familias monoparentais

    Welcome back,