A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia participa no Pleno do Observatorio de Familia e Infancia
No pasado 14 de maio, a directora da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Inés Salteiro, asistíu á 4ª Sesión do Pleno do Observatorio de Familia e Infancia na Sala de Plenos do Consello Económico e Social de Galicia.
Durante a sesión, presentáronse estatísticas de familias numerosas, de medidas de protección e medidas xudiciais. Adicionalmente, presentouse tamén un informe sobre a tramitación do Proxecto de Lei de Familias estatal e o seu impacto en Galicia e un Informe sobre o estado dos traballos do grupo para a elaboración e implementación dos protocolos LOPIVI en Galicia.
Por último, presentouse o Protocolo de protección ao menor fronte a violencia no deporte, elaborado pola Secretaría Xeral para o Deporte, pendente de aprobación.