A infancia: unha prioridade para as axendas locais
Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia
Xaneiro 2023
Ante as próximas eleccións municipais o 28 de maio, os partidos políticos non poden obviar á infancia nos seus compromisos. Por iso, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia presenta 38 propostas de política local que todos os partidos políticos deberían considerar como un compromiso cos nenos, nenas e adolescentes, considerando que se debe de integrar a perspectiva de equidade en todas as políticas, para que todas as NNA crezan nunha sociedade máis xusta e cohesionada que diminúa a brecha existente.