Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!

📣 Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia mediante a Plataforma de Infancia estatal en colaboración co Ministerio de Xuventude e Infancia e a Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para que nenos, nenas e adolescentes poidan coñecer e facer seguimento dos seus dereitos, recollidos na Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).

💡 Propoñémosvos participar neste proceso de Día da Infancia, este ano co lema “ISTO VAI DE DEREITOS”, para reflexionar e dialogar con mozas e mozos sobre o cumprimento de 4 dereitos, elixidos por elas e eles mesmos:

❌ O dereito á non #discriminación ​

🪁 O dereito ao #xogo e tempo libre ​

🛡️O dereito á protección fronte á #violencia ​

🩺 O dereito á #saúde

🙌 Para facilitar os espazos de reflexión e a xeración de propostas, deseñáronse diferentes actividades adaptadas a tres tramos de idade; de 6 a 8 anos, de 9 a a12 e de 13 a 17 anos. Toda esta información, xunto á sección de preguntas frecuentes, tédela recollida na guía explicativa do proceso.

Con posterioridade á realización das actividades, cada grupo debe reenviar as conclusión que se acaden, as cales serán achegadas aos responsables das políticas de infancia estatais e de Galicia en diversas conmemoracións que terán lugar na semana do 20 de novembro. 

Para participar nisto vai de dereitos, é imprescindible inscribirse a través do formulario de inscrición. Podedes inscribirvos se sodes un grupo de participación, organización de infancia, asociación, consello e centros educativo, que traballa cun grupo de mozas e mozos con idades de 6 a 17 anos.

Toda a información para a convocatoria: infografía, datas clave, inscripción, guía explicativa, actividades,  atoparédelas aquí.

Para os equipos educativos, ofrécense webinars informativas durante os meses de xullo e setembro. Para participar no proceso é imprescindible inscribirse no seguinte formulario que estará aberto ata o 30 de setembro de 2024. 

A data límite para remitir as conclusións das actividades é o 15 de outubro de 2024. 

Para calquera dúbida, podedes trasladala ao seguinte email da Plataforma de Infancia estatal participacion@plataformadeinfancia.org Ou no caso de precisar máis información sobre accións que terán lugar en Galicia, podedes contactar coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia a este mesmo email.

Compartir
Tabla de contidos