A POIG aproba na súa Asemblea Xeral o seu Plan de Acción e orzamento para o ano 2022

A POIG aproba o seu Plan de Accións e orzamento para o ano 2022 na súa asemblea.
Asemblea POIG

O 22 de febreiro, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG),  celebrou a  súa  primeira Asemblea  Xeral  do ano 2022. Na mesma as entidades aprobaron por unanimidade o Plan de Acción que rexerá os proxectos da POIG durante os próximos meses.

Ademais do fortalecemento da propia entidade, a Asemblea Xeral determinou outros dos seus obxectivos estratéxicos:

  • Incidencia política e social polos dereitos da Infancia. Neste punto cabe destacar a necesidade de ter unha Lei de Infancia, que destacase aos nenos, nenas e adolescentes nun primeiro nivel en canto a todas as normativas e administracións existentes na comunidade.

Ademais neste punto a POIG iniciará unha rolda de contactos para poñer encima da mesa o contido do Informe sobre a Situación da Infancia en Galicia que se presentou con motivo do Día do da Infancia 2021 xunto á Valedora do Pobo.

Tamén a Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI) é outro punto deste plan de acción pola súa importancia de asentamento na Comunidade Autónoma.

  • Promover a mellora do Sistema de Protección de Menores galego (SPM). A Asemblea aplaudiu a posta en marcha dun grupo de traballo entre a  POIG, a Xunta e as xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
  • Promoción da participación infantil. Desde a POIG traballarase todo o ano para que o seu incipiente Grupo de Participación Infantil e Adolescente se consolide e se defendan os seus dereitos. 

Neste senso a Asemblea aprobou un ano máis a celebración do Día da Infancia (20N), unha xornada na que está prevista que haxa un acto central en coordinación coa Xunta e varios actos descentralizados en todas as provincias.

Finalmente, na asemblea aprobouse por unanimidade a modificacións nos estatutos da entidade, para adecualos ás novas tecnoloxías.

Compartir
Tabla de contidos