Xornada técnica sobre atención temperá

A Asociación Galega de Atención Temperá organiza unha xornada técnicas interdisciplinar sobre o futuro da atención temperá e a visión dos profesionais. A xornada ten lugar o 30 de novembro (2019) de 10 a 18 horas no auditorio Neira Vilas na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A xornada é recoñecida de interese sanitario.

Programa 30 novembro

10.00 a 12.00 h.  

TEMA 1  O futuro da Atención Temperá. A visión dos profesionais

D. JOSE LUIS PEÑA SEGURA

  • Presidente da Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá
  • Neuropediatra do Hospital Universitario Miguel Servet de Zaragoza
  • Jefe de Sección de Coordinación Asistencial de Pediatría
  • Profesor asociado da U. de Zaragoza
  • Membro da Sociedade Española de Neuropediatría (SENEP)

Avance de contidos:

  1. Atención Temperá. Prestación imprescindible
  2. Os Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá
  3. Planificación dunha política pública
  4. Concertación social
  5. Avaliación e indicadores de calidade

12.00 a 18.30 h.  

TEMA 2  O bebé.

Expresión e patoloxía psicosomática. (sesións mañá e tarde).

Da. REMEI TARRAGÓ RIVEROLA

  • Psiquiatra infantil. Psicoterapeuta familiar e da perinatalidade.
  • CSMIJ de Sant Andrei da Fundación Eulalia Torras de Bea de Barcelona.
  • Psiquiatra na UCIN e do Hospital da Santa Creu i Sant Pau.
  • Membro da Soc. Esp. de Psiquiatría e Psicoterapia do Neno e o Adolescente – SEPYPNA.
  • Profesora da Universidade Ramon Llull – Barcelona.

Avance de contidos

  1. A psicosomática perinatal. Vínculo coidador-bebé e psicosomática.
  2. O corpo do bebé como interlocutor psicosomático.
  3. A depresión na primeira infancia en os procesos de somatización.
  4. Enfermidades psicosomáticas na primeira infancia: clasificación e clínica psicosomática.
  5. Exposición e discusión de casos. Análise con vídeo.

As prazas son limitadas, o acceso é libre por orde de inscrición. Tamén haberá un almorzo de traballo opcional (un cóctel na propia Cidade da Cultura). Os interesados, unha vez inscritos deben ingresar 17 euros nesta conta: ES07 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

Compartir
Tabla de contidos