“O fenómeno do discurso do odio”

A Federación de Scouts de Galicia ECG, dentro do programa de formación do voluntariado, ten prevista para o día 26 de outubro, a realización da FORE: “O fenómeno do discurso do odio”.

O obxectivo é actualizar coñecementos e reforzar as habilidades, destrezas e capacidades das persoas voluntarias que desenvolven a súa labor dentro dos Grupos Scouts.

Ademais, trátase de entender que é o fenómeno do discurso do odio  para previr o seu uso e a súa influenza na infancia e a mocidade.  

O discurso de odio, aputan desde Scouts de Galicia, “é a acción comunicativa que ten como obxectivo promover e alimentar un dogma, cargado de connotacións discriminatorias, que atenta contra a dignidade dun grupo de individuos. Este discurso é propagado con intención maligna para incitar ao interlocutor, ou lector, a que leve a cabo accións destrutivas en contra dun grupo, polo xeral, historicamente discriminado. As formas máis comúns do discurso de odio son o racismo, a xenofobia, o anti- semitismo, entre outras baseadas na intolerancia“.  

+ info:

Data:  26 de outubro de 2019.

Horario: 10.00 – 14.00 e 16.00 – 20.00 (8 HORAS).

Lugar: Centro Scout Abeiro. Santiago de Compostela.

Persoas destinatarias: o curso está pensado en primeira instancia, para as persoas voluntarias da Federación Scouts de Galicia ECG, (responsables dos kraales, equipos, e as ADEs) e para as familias dos grupos, e tamén está aberto a outras persoas voluntarias doutras entidades.

Impartido por: formadoras de Ecos do Sur.

Prezo: GRATUÍTO.

Nº de prazas ofertadas: 25.

Contidos:

BLOQUE 1: CÓMO IDENTIFICAR E COMBATIR O DISCURSO DE ODIO

  • Que é ou discurso de odio e como identificalo
  • Responsables e efectos. Choques coa liberdade de expresión
  • As RRSS e ou seu papel na era dá desinformación
  • Como actuar ante o odio on e offline: acción individual e colectiva

BLOQUE 2: NARRATIVAS PARA O CAMBIO SOCIAL

  • Narrativas discriminatorias: que son e que efectos teñen
  • Como construír narrativas baseadas nos Dereitos Humanos
  • Mecanismos específicos en positivo para as redes sociais

BLOQUE 3: COMUNICACIÓN ANTI RUMORES

  • Creatividade aplicada á acción social
  • Accións de comunicación participativa para difundir narrativas alternativas
Compartir
Tabla de contidos