II exposición: “Unha viaxe creativa e solidaria á Vida”

Fai dous anos, Fundación Tierra de Hombres iniciou en Vigo o programa “Viaje hacia la Vida“. Esta iniciativa fixo posible que unha nena do Senegal (2018) e un neno de Guinea Conmakry (2019), foran operados das súas enfermedades, dun xeito altruista, por equipos médicos do Hospital Alvaro Cunqueiro.

Agora, dous anos despois, a II Exposición colectiva “Unha viaxe solidaria e creativa á vida” da continuidade a este proxecto. 55 artistas galegos únense e participan nesta mostra a favor das necesidades dos que máis o necesitan. Os artistas, a maioría galegos, están a ser coordinados por Mingos Teixeira, Gonzalo Selles, Álvaro Rodríguez y Sara Pérez.

Todos doaron para a ong unha peza para ser vendida ao prezo de 150 euros cada unha.

“Unha viaxe solidaria e creativa á vida” conta tamén coa colaboración de Afundación Obra Social Abanca que a acolle na súa Sala de Exposiciones I en Policarpo Sanz 24-26 de Vigo.

A exposición está aberta ao público de luns a sábado, de 17,30 a 20,30 h.

+ información e visitas concertadas chamando ao teléfono: 628 367 030.

“Unha viaxe solidaria e creativa á vida” está aberta ata o 2 de xuño. Este día a visita tamén Alkaly, un dos nenos beneficiados por este proxecto, xa que nestas datas está en Vigo no su proceso de recuperación.

Compartir
Tabla de contidos