Non son ‘MENAS’: Son nenos, nenas e adolescentes e teñen dereitos

A POIG publica un documento de posicionamento no que reclama unha acollida digna, solidaria e sostible para os nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados, así como medidas urxentes para garantir os seus dereitos en Galicia.

Formacións sobre o bo trato e espazos seguros para o persoal técnico do sistema de protección

🔹 Aberta a inscrición! 🔹 Se traballas con infancia e adolescencia no sistema de protección, participa nas formacións sobre a LOPIVI e creación de espazos seguros e libres de violencia. 📍 Santiago, Coruña, Ourense, Vigo e Lugo.

A mocidade galega dá voz ao futuro nun encontro para construír a nova Lei de Xuventude

A Plataforma participou no I Encontro Territorial en Galicia cara á creación dunha nova Lei de Xuventude. Un espazo que colocou á mocidade galega no centro das decisións e destacou a importancia da súa participación activa.

Informe «Infancia e Pobreza»: Opinións e propostas de nenos, nenas e adolescentes

O informe “Infancia e pobreza” recolle as experiencias de máis de 2.000 nenos e nenas en España para identificar retos como o acceso a recursos básicos ou a discriminación. Galicia tamén participou neste proceso, dando visibilidade ás voces da infancia galega.

2ª Reunión consultiva con nenos e nenas avanzando cara unha Xustiza Inclusiva

A Fundación Tierra de Hombres (TDH) os días 16 e 17 de marzo, como parte das accións preparatorias para o próximo Congreso Mundial sobre Xustiza coa Niñez, convida á Segunda Reunión Nacional Consultiva: “Con niños y niñas: avanzando hacia una justicia inclusiva” que terá lugar nas instalacións da Universidade Pontificia Comiñas en Madrid.

Os dereitos da infancia en Galicia

Trátase dun informe realizado polas 35 entidades membro da POIG que pretende ser un diagnóstico da situación da infancia e adolescencia en Galicia.

Nenos e nenas migrantes non acompañados – «Más allá de la supervivencia»

O documento persegue propoñer un modelo de intervención integrativo para o coidado e protección de nenos e nenas non acompañados e separados que viven na rúa, proporcionando exemplos de prácticas positivas en varios países europeos, e propoñendo a construción dunha nova narrativa con e sobre eles.

Pequenos vacíos, Grandes Brechas: como os gobernos permiten que a violencia contra a nenez persista

O informe identifica onde os gobernos individuais e a comunidade internacional, no seu conxunto, deben ser máis ambiciosos para habilitar a lexislación, ademais de estratexias eficientes e efectivas para protexer a un número alarmante de nenos contra danos.