Unidade didáctica “A violencia de Xénero dille non”

O obxectivo xeral desta unidade é a de facilitar a labor do profesorado da mocidade de 3º e 4º de Educación Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato mediante a sensibilización e identificación das principais manifestacións da violencia de xénero.

Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

Xullo 2019

O obxectivo xeral desta unidade é a de facilitar a labor do profesorado da mocidade de 3º e 4º de Educación Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato mediante a sensibilización e identificación das principais manifestacións da violencia de xénero.

Esta unidade didáctica xira arredor dun conxunto de 8 fichas ou paneis que conforman a mostra Á violencia de xénero… Dille non. Cada ficha ou panel recolle unha das principais manifestacións de violencia de xénero (en diante VX) que se dan entre a mocidade: control, celos, humillación, manipulación, abuso, chantaxe emocional, sexo, sextorsión.

Para cada manifestación proponse unha actividade/dinámica didáctica, ben que cada unha das actividades propostas se poden aplicar indistintamente a cada unha das manifestacións recollidas nas fichas ou paneis da mostra, pois están pensadas para poder ser intercambiables.

Compartir
Tabla de contidos