TÉCNICO/A DE PROXECTOS E VOLUNTARIADO (descargar pdf)
Dende a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) buscamos unha persoa técnica de proxectos e voluntariado a media xornada para a sede en Santiago de Compostela, con experiencia na redacción de proxectos educativos, con dotes para o traballo con nenas, nenos e adolescentes e sensibilidade coas necesidades da infancia e adolescencia máis vulnerable.
DESCRIPCIÓN XERAL DAS TAREFAS A REALIZAR
En dependencia da Dirección da Secretaría Técnica da entidade, a persoa Técnica de Proxectos e Voluntariado será a responsable de realizar as seguintes funcións:
- Ámbito dos dereitos da infancia e adolescencia:
- Formulación de proxectos relacionados cos dereitos da infancia e adolescencia.
- Xestión e implementación dos proxectos/programas da entidade.
- Búsqueda de entes financiadores e convocatorias do ámbito social destinadas a mellorar o benestar e promover os dereitos da infancia e adolescencia galega en risco.
- Presentación a convocatorias e xustificación dos programas financiados pola entidade.
- Implementación de procesos de monitoreo e avaliación de impacto dos programas.
- Formacións a nenos, nenas e adolescentes de entidades, centros educativos e/ou concellos, sobre temáticas relacionadas cos seus dereitos.
- Difusión e promoción dos programas na web e RRSS en coordinación coa persoa Técnica de Comunicación.
- Realización de sistematizacións dos programas/proxectos da entidade.
- Apoio á realización de actos e xornadas relacionadas cos dereitos da infancia e adolescencia.
- Participación Infantil e Adolescente:
- Deseño, implementación, seguimento e avaliación dos proxectos de participación infantil e adolescente da POIG.
- Actualización do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da entidade e dos/as vogais que pertencen ao Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente pola plataforma.
- Creación, participación e acompañamento nas actividades/sesións realizadas co grupo.
- Documentar os procesos participativos e demandas das nenas, nenos e adolescentes.
- Apoio á difusión e incidencia das súas demandas.
- Contacto coas entidades, colexios e/ou concellos coas que se realizan as actividades.
- Xestión da páxina web e RRSS do programa Redeir@s
- Xestionar o Grupo de Traballo de Participación da entidade e coordinar coas entidades membro.
- Participación no Grupo de Traballo de Participación da Plataforma de Infancia estatal.
- Xestión do voluntariado
- Xestionar ás incorporacións do persoal voluntario.
- Formar ao persoal voluntario en dereitos da infancia e acción voluntaria.
- Dar seguimento e avaliar a participación do voluntariado nas actividades da plataforma.
Calquera outra acción que precise a entidade acorde aos seus obxectivos.
REQUISITOS
- Titulación en educación social ou carreiras afíns.
- Coñecemento do Terceiro Sector de Acción Social e dos recursos existentes.
- Coñecemento e manexo elevado de RRSS.
- Imprescindible boas habilidades de comunicación oral e escrita en galego e castelán.
- Flexibilidade para apoiar noutras actividades e tarefas da entidade relacionadas con procesos de incidencia política e comunicación da entidade.
- Valorarase experiencia en voluntariado e no traballo con infancia e adolescencia.
COMPETENCIAS
- Capacidade de adaptación ás novas demandas.
- Empatía para traballar con nenas, nenos e adolescentes en risco.
- Alta capacidade de organización para dar resposta a prazos axustados.
- Resolución de problemas, dinamismo e pro-actividade na entidade.
- Orientación para o traballo en equipo.
- Flexibilidade para apoiar noutros procesos que solicite a entidade en función dos seus obxectivos.
PROPOSTA DE DATAS DE INCORPORACIÓN E FINALIZACIÓN
Desde o 15 de maio ata o 31 de decembro, con posibilidade de continuar (segundo financiamento da entidade).
LUGAR DE TRABALLO
Santiago de Compostela – Híbrido
ENVÍO DE PROPOSTAS
Ata o 3 de maio.
Email: poig@infanciagalicia.org
Asunto: Selección técnico/a proxectos e voluntariado + nome e apelidos
No email adxuntar CV e carta de motivación.
As persoas candidatas elixidas pasarán á entrevista persoal.