TÉCNICO/A DE COMUNICACIÓN (descargar pdf)
Dende a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) buscamos unha persoa técnica de comunicación a media xornada (20 horas semanais) para a súa sede, con dotes para a redacción, coordinación cos medios de comunicación, facilidade de xestión de páxinas web e RRSS, e sensibilidade coas necesidades da infancia e adolescencia máis vulnerable.
En dependencia da Dirección da Secretaría Técnica da entidade a persoa contratada realizará as seguintes funcións de comunicación coa finalidade de mellorar o coñecemento dos dereitos da infancia e adolescencia galega.
DESCRIPCIÓN XERAL DAS TAREFAS A REALIZAR
A persoa Técnica de Comunicación e Sensibilización será responsable das seguintes funcións:
- Comunicación externa e interna:
- Elaboración e seguimento á estratexia de comunicación da entidade.
- Deseño, preparación e divulgación de contidos e material gráfico para campañas de sensibilización realizadas pola entidade.
- Apoiar á divulgación de campañas da Plataforma de Infancia e entidades membro.
- Apoiar na recompilación de información e na elaboración de informes en coordinación coas entidades membro sobre temáticas relacionadas cos dereitos da infancia e adolescencia galega.
- Elaboración de boletíns mensuais de novas sobre a infancia e adolescencia (Mailrelay, etc.)
- Colaboración na organización, elaboración de guións e materiais de difusión para xornadas e eventos.
- Tradución ao galego de guías ou informes procedentes da Plataforma de Infancia.
- Mantemento dun fluído intercambio de información coas entidades membro que traballan en rede.
- Actualización e dinamización do Grupo de Traballo de Comunicación da entidade.
- Actualización das páxinas web e RRSS:
- Xestión e seguimento diario das RRSS da entidade (Twitter, Instagram, Facebook, Linkedin, Youtube).
- Actualización, creación e xestión de contidos para as páxinas web da entidade (WordPress).
- Contacto cos medios de comunicación
- Elaboración e envío de Notas de Prensa aos diferentes medios de comunicación.
- Seguimento e reporte de resultados da comunicación cos medios de comunicación.
- Calquera outra acción que precise a entidade acorde aos seus obxectivos.
REQUISITOS
- Titulación en xornalismo e/ou comunicación.
- Coñecemento do Terceiro Sector de Acción Social e dos recursos existentes.
- Coñecemento e manexo elevado de RRSS, ofimática e ferramentas de deseño gráfico.
- Imprescindible boas habilidades de comunicación oral e escrita en galego e castelán.
- Flexibilidade para apoiar noutras actividades e tarefas da entidade relacionadas con procesos de incidencia política, voluntariado e actividades de participación infantil co Grupo de Participación Infantil e Adolescente da entidade.
- Valorarase experiencia en voluntariado e no traballo con infancia e adolescencia.
COMPETENCIAS
- Empatía e capacidade de adaptación ás novas demandas.
- Alta capacidade de organización para dar resposta a prazos axustados.
- Resolución de problemas, dinamismo e pro-actividade na entidade.
- Orientación para o traballo en equipo.
- Flexibilidade para apoiar noutros procesos que solicite a entidade en función dos seus obxectivos.
PROPOSTA DE DATAS DE INCORPORACIÓN E FINALIZACIÓN
Desde o 15 de abril ata o 31 de decembro, con posibilidade de continuar (segundo financiamento da entidade).
LUGAR DE TRABALLO
Híbrido – Santiago de Compostela
ENVÍO DE PROPOSTAS
Email: comunicacion@infanciagalicia.org
Asunto: Selección técnico/a comunicación + nome e apelidos
No email adxuntar CV e carta de motivación.
As persoas candidatas elixidas pasarán á seguinte fase de proba técnica.