As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza e a exclusión social.
No último exercicio recadáronse 43 millóns de Euros en toda España, apenas o 23% dos 225 millóns de euros que se poderían recadar se todas as empresas marcasen o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades.