SED, entidade para a Solidariedade, Educación e Desenvolvemento reforza o seu compromiso cos dereitos humanos

Sed é unha entidade da Plataforma de Organizacións de Infancia Galicia que traballa a cooperacion, a educación e o desenvolvemento.

A maioría de proxectos que SED promove están enfocados cara a promoción dos Dereitos da infancia, sendo un dos pilares máis importantes da labor da entidade dende os seus inicios. A vocación e o compromiso da organización é protexer e promover os derechos dos más indefensos. SED traballa polo benestar e a saúde dos nenos e nenas que construirán o futuro da nosas sociedades.

En canto á cooperación e o desenvolvemento, afirman que «entendemos o desenvolvemento como unha ampliación de capacidades e de oportunidades das persoas». Din, «para poder tomar decisións en liberdade sobre a súa vida».

Ademais propoñen para elo un contexto de paz, equidade e xustiza social.

SED traballa desde un en foque baseado nos dereitos humanos, cunha perspectiva de xénero e o respecto ao medio ambiente.

Tamén os seus programas e proxectos potencian o protagonismo dos países do sur.

En liñas xerais abogan pola promoción e defensa do dereito á educación, á saúde, ao traballo digno, o acceso á auga e ao empoderamento feminino.

En canto a temas relativos coa educación para o desenvolvemento e sensibilización, consideran prioritaria a incidencia na poboación do norte. «Hai que denunciar as desigualdades», afirman e «propoñer alternativas que supoñan un cambio real no sur», SED traballa facendo especial fincapé na sensibilización con menores de idade a través das diferentes obras educativas coas que colabora en España.

Para SED unha ferramenta imprescindible é o voluntariado, entendido como un estilo de vida. Así, cada ano, máis de cen persoas voluntarias forman parte dos programas que esta Entidade leva a cabo en catorce países.