RECURSOS DE INFANCIA NO COVID-19


Desde a Plataforma de Infancia de Galicia compartimos unha selección de recursos educativos facilitados polas organizacións membro para facer uso fronte a crise sanitaria do COVID-19.

A mesma será actualizada a medida en que atopemos novos recursos.


Recursos para a infancia e adolescencia

Recursos para familias

Recursos para profesionais



Recursos para a infancia e adolescencia

Recompilacións de actividades para facer desde casa
ASDE

En toda situación desfavorable, podemos sacar, como bos scouts, ensinanzas e oportunidades en positivo. Aproveita este tempo para facer todo aquelo que tiñas pendente e nunca atopabas tempo suficiente e porque non, para aprender cousas novas e formarte!

Así, ASDE recompila algunhas actividades e ideas para poder facer desde casa:

Explicacións sobre o Coronavirus, cinefórums, o mellor momento para plantar, momento para cociñar, manualidades, reciclado, ler e/ou escribir, xogos online, música e visitar museos online desde casa


Clip Club TV, programa diario protagonizado por nenos, nenas e adolescentes
UNICEF

UNICEF e Alcantara Family Foundation presentan Clip Club TV, un programa diario protagonizado pola infancia. Contan que están facendo estes días para dar ideas a millóns de mozos e mozas. Grávate co móbil ou tableta e explícanos como o fas!


Kit de protección
EDUCO

Educo lanza O Kit de Protección. Un kit con xogos, contos, películas e actividades prácticas para educar en positivo, coñecer as emocións, xestionar conflitos e previr o bullyng e a violencia. 

O Kit de Protección Educo é una ferramenta que permite aos país previr e detectar situación de risco para os seus fillos de entre 6 a 12 anos. Trata dos tipos de violencia máis comúns, como o bullying, o abuso sexual ou os riscos de internet. Tamén contén materiais para mellorar a comunicación e a resolución de conflitos, traballar a educación emocional desenvolvendo a empatía e a autoestima. 


Animadores e animadoras contra o aburrimento: Propostas de actividades diarias para facer na casa
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

Os animadores e animadoras dos centros xuvenís da Federación Don Bosco queren seguir aportando o seu traballo voluntario adaptándose á situación actual, en contra do aburrimento e tratando de levar o mellor posible este confinamento. 

Por iso publican  propostas de actividades diarias para facer na casa dividindoas en 3 áreas:

  • Móvete!  (xincanas, actividades deportivas, videoxogos, baile,…)
  • Crea!  (obradoiros, xogos de mesa, receitas,…)
  • Respira!   (lecturas, reflexións, para manter esperta a cabeza e o corazón)

Actividades para seguir facendo escultismo na casa

SCOUTS-MSC

Durante estos días, as reunións e actividades scouts sufriron un parón debido ao COVID-19. Sen embargo, Scouts MSC prepararon unha serie de actividades para facer durante estos días.
Trátase dunha batería de xogos, retos, manualidades, exercicios… para que non se perda a costume de seguir aprendendo e divertíndose á vez.


Xogo “O Reino das Emocións”

MENIÑOS

A Fundación Meniños propón unha alternativa para que os máis pequenos e pequeñas aprendan educación emocional de forma lúdica na casa durante o confinamento.


Canle de Xogos e dinámicas «Imaxina con Cruz Roja»

CRUZ ROJA JUVENTUD

Cruz Roja Juventud ensínanos desde a súa canle en Youtube, consellos, manualidades, xogos e dinámicas destinadas a nenos, nenas, adolescentes e familia, coa finalidade de seguir aprendendo e facer máis ameno o confinamento.


Calendario de actividades Scouts parao confinamento

ASDE

Para acompañar durante o confinamento, que será máis longo do previsto ao principio,
ASDE España deseñou un calendario cunha actividade diaria. Podes facer a que aparece
no día no que te atopas, a de outro, ou varias na mesma xornada. Descárgao!



Recursos para familias

Educación contra o coronavirus: 10 tarefas da rutina diaria
UNICEF

O establecemento de rutinas nestes días de illamento doméstico é unha oportunidade para contar coa opinión, a responsabilidade e o compromiso de nenos, nenas e adolescentes.

UNICEF expón uns ámbitos xerais sobre os que establecer acordos que nos fagan avanzar nun proceso  madurativo e de aprendizaxe, de asunción de responsabilidades e de expresión de preferencias, compoñentes básicos da participación infantil e xuvenil.


Imaxina con Cruz Roja: Guía de Actividades e manexo da situación de confinamento en familia
CRUZ ROJA

Desde Cruz Roja Juventud e o Programa de Infancia en Dificultade Social da Cruz Roja Española, ofrecen esta guía como un recurso máis no que atopar información, orientación, recomendacións e actividades.

A guía divídese en 3 apartados:

  • Información adaptada a nenos e nenas sobre o coronavirus: datos básicos sobre a infección polo COVID-19 e mensaxes clave que podes trasladar aos máis pequenos. 
  • Manexo parental da situación de estado de alarma: recomendación baseadas nas diferentes competencias que desenvolvemos durante a nosa labor como persoas de referencia adulta.
  • Actividades e recursos lúdicos e educativos: proposta de máis de 100 actividades organizadas por temáticas e por idades. 

Guía Falando sobre el COVID-19 cos máis pequenos
UNICEF

Fixemos este documento para que sexa amplamente difundido entre as comunidades, familias, traballadores do ámbito da saúde e a educación, así coma todos os adultos responsables de nenos e nenas pequenos.

Pretende servir coma guía para falar sobre o coronavirus de manera sinxela, clara y tranquilizadora, á vez que permite abordar as emocións que puideran estar sentindo os nenos e nenas en da primera infancia.


Iniciativa Familias en Acción con ferramentas para autoxestionar as emocións
AMIGÓ

Desde a Fundación Amigó e no marco do Proyecto Conviviendo, habilitaron a iniciativa Familias en Acción con diferentes ferramentas que poden ser de gran utilidade a familias para autoxestionar as emocións e as relación durante as semanas de confinamento a través de tres guías: 

  • Como adaptarnos á nova situación e xestionar o noso día a día?
  • Como adaptarnos á nova situación e xestionar o noso día a día?
  • Como podemos xestionar as nosas emocións e o noso estado de ánimo?
  • Que conflictos podrían surdir e que podemos facer para resolvelos?

Como explico una pandemia aos máis pequenos. Que é o coronavirus?
UNICEF

Os medios de comunicación e a alarma social a veces precipitan o traballo de familias e educadores obrigándoos a explicar cousas das que nunca creeimos que precisaríamos ter que facer aos máis pequenos e pequenas. Non é o fin do mundo: so hai que ter moi claras as prioridades. 

UNICEF presenta unas pautas para falar sobre o coronavirus dunha maneira sinxela, clara e tranquilizadora, á vez que permite abordar as emocións que poidan estar sentindo os menos, nenas na primeira infancia. 


Filmografía sobre emocións: «Viaxe ao Reino das Emocións»

MENIÑOS

Como parte do proxecto «Viaxe ao Reino das Emocións», a Fundación Meniños recompila curtametraxes para traballar a educación emocional, para que as familias podan usalas para falar deste tema cos nenos e nenas nestes días nos que falar do que se sinte é tan importante.


Para plantar cara ao novo coronavirus desde casa: Uso saudable das TICs
UNICEF

Millóns de estudantes pasarán máis tempo do habitual nas súas casas adaptándose ao novo panorama. 

Neste contexto, é posible que dediquen máis tempo fronte ás pantallas por diversos motivos: necesidade lectiva virtual, acceso a contados online, tempo de ocio e relacións sociais cos seus amigos dixitalizadas. 

O que ben orientado pode ter una repercusión positiva na persoa e responder á necesidades do contexto actual, é sinxelo que caian no descontrol e poidan afectar negativamente ás súas relación sociais, a súa conducta e a súa capacidade de xestión emocional. 


Pautas fáciles para pasar o confinamiento

MENIÑOS

Durante estes días é importante seguir unha rutina axeitada. No video que ofrece a Fundación Meniños, a compañeira Amalia, danos algunhas sinxelas pautas para levar o confinamento da mellor manera posible.



Recursos para profesionais

Por que é importante educar sobre o coronavirus?
UNICEF

Nestes momentos de crise, informar non sempre é suficiente. As veces é preciso utilizar ferramentas, metodoloxías e estratexias propias da educación para que a sociedade poida entender una situación como a xerada no coronavirus. 

Os educadores teñen un papel fundamental para frear esta pandemia: poñer o seu coñecemento educativo ao servizo da sociedade. 

Que consideramos “didáctico” nestas circunstancias?


A continuidade da Atención Temperá en tempo de confinamento

AGAT

AGAT expón de forma esquemática que papel deben xogar os profesionais da Atención
Temperá en catro pasos: reorganizar o equipo e as súas tarefas, revisar a nosa carteira de
casos, imaxinar as nosas chamadas e rexistrar e actualizar os programas.


Máis aló da nosa fraxilidade

UNICEF

Trátase dun blog que busca proporcionar apoio técnico e emocional aos equipos técnicos nos centros de protección, a través de contidos dirixidos, non so a estes profesionais, se non tamén aos nenos, nenas e adolescentes.

Ademáis, conta cun espazo de asesoramento onde lanzar preguntas concretas que serán respondidas por un equipo de profesionais.


Como xestionar as saídas cos nosos cativos?

AGAT

A través desta guía AGAT informa ás familias de como realizar as saídas dos nenos e das nenas nesta etapa de confinamento. Ademáis, amosa recomendacións a ter en conta.