Portada » A Plataforma » Estrutura
A POIG funciona como unha rede de entidades sociais que traballan de maneira coordinada para defender os dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia.
A súa organización combina espazos de decisión, representación, coordinación técnica, traballo compartido e participación infantil e adolescente.
É o órgano soberano da POIG e, xunto coa Xunta Directiva, marca as liñas estratéxicas da Plataforma.
Está composta por todas as organizacións socias e os membros da Xunta Directiva. As súas decisións son de obrigado cumprimento para todos os membros.
As súas funcións principais son:
A Xunta Directiva é o órgano encargado de xestionar e representar á POIG.
Está formada por representantes das entidades membro, que asumen esta responsabilidade de forma voluntaria.
As súas funcións principais son:
Presidencia
Fundación Educo
Vicepresidencia
Fundación Dignidade
Secretaría Xeral
Asociación Arela
Tesourería
Federación Don Bosco
Vogalía
Asociación ASEIA
Vogalía
Asociación Igaxes
Vogalía
CDR Portas Abertas
Constitúe o órgano de execución das decisións da Xunta Directiva. Entre outras funcións e tarefas, a Secretaría Técnica encárgase de:

Directora da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

Técnica de participación infantil e comunicación

Técnico de incidencia política e administración

Técnica de incidencia social e comunicación
A POIG está integrada por 52 entidades que comparten un compromiso firme pola defensa dos Dereitos da Infancia.
As organizacións membro poden representar á Plataforma en distintos espazos e participan activamente nos grupos de traballo. Ademais, contribúen ao desenvolvemento de proxectos, campañas de sensibilización e accións de incidencia política para mellorar o benestar da infancia e adolescencia en Galicia.
As entidades membro poden unirse libremente a diferentes Grupos de Traballo para colaborar en áreas específicas.
Espazo de coordinación arredor da protección da infancia e a adolescencia, con atención ás situacións de vulnerabilidade e á defensa dos seus dereitos
Espazo de traballo orientado a analizar a realidade educativa da infancia e da adolescencia e a construír propostas desde un enfoque de dereitos, equidade, inclusión, bo trato e participación
Espazo centrado na promoción da participación de nenos, nenas e adolescentes nos procesos e decisións que lles afectan
O financiamento da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia basease nun sistema de aportación de cotas das entidades membro.
Adicionalmente a Plataforma asina anualmente un Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia para o desenvolvemento do programa de actuacións encamiñadas á protección e promoción dos dereitos da infancia.
A plataforma conta con financiamento para os seus programas sobre participación infantil e adolescente mediante as subvencións da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a la asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
A POIG tamén participa en espazos de coordinación a nivel estatal dentro da Plataforma de Infancia
Espazo para coordinar e intercambiar información entre as plataformas territoriais de infancia e a propia Plataforma de Infancia
Espazo que se adoita reunir trimestralmente para que os representantes das entidades da POI valoren e debatan as principais accións estratéxicas da entidade