Programas de Acollemento Familiar

Santiago, 31 de maio do 2023. Hoxe, Día Internacional do Acollemento Familiar, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en conxunto coas entidades membro, non querían deixar pasar a oportunidade de incidir na importancia de xerar coñecemento do mesmo mediante informar as familias e a todo o público sobre os recursos que se están a xestionar neste momento sobre Acollemento Familiar na Comunidade Autónoma.

O seu obxectivo é a de dar a coñecer os seus programas nas tipoloxías de acollemento familiar existentes á sociedade no seu conxunto, pero sobre todo a de xerar unha rede de apoio ás familias acolledoras para velar polos dereitos que teñen todos os nenos e nenas a crecer en familia.

Nas seguintes ligazóns, atoparedes os seguintes programas:

Sobre a POIG:

A Plataforma de Organizacións de Infancia Galega fundada no ano 2018 agrupa a 36 organizacións que comparten o obxectivo de defender, promover e protexer os dereitos das nenas, nenos e adolescentes no territorio galego.