Sistema de financiamento

O financiamento da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia basease nun sistema de aportación de cotas das entidades membro.

As modificacións das cotas deberán ser aprobadas polas entidades membro de pleno dereito na primeira asemblea xeral anual da POIG.

Adicionalmente a POIG asina anualmente un convenio coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para o apoio ás actividades que realiza.

A plataforma conta con financiamento para os seus programas sobre participación infantil e adolescente mediante as subvencións da Consellería de Política Social da Xunta destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a la asignación tributaria do 0,7% do IRPF.