Participar tamén é cousa de nenos. Guía didáctica para o profesorado
UNICEF e Save The Children – Generalitat Valenciana
2003
Co apoio da Generalitat Valenciana, UNICEF e de Save The Children lanzaron unha guía didáctica dirixida a profesores e mestres que traballan con grupos de nenos e nenas de 9 a 16 anos. Así mesmo, os contidos propostos son facilmente adaptables a niveis superiores ou inferiores.
Esta guía trata a participación infantil e ofrece ao profesorado información, estratexias didácticas e actividades para desenvolver a participación tanto na aula coma fora dela.