Cara unha contorna dixital segura: directrices europeas para protexer a nenos, nenas e adolescentes
A UE avanza cara a un entorno dixital máis seguro para nenos, nenas e adolescentes: privacidade, protección e dereitos garantidos tamén en internet.
Actos descentralizados polo Día da Infancia en Galicia, construíndo espazos para infancia e adolescencia
Tres actos descentralizados en Galicia celebran o Día da Infancia, promovendo a participación e os dereitos de nenos, nenas e adolescentes.
Acto central polo Día da Infancia baixo o lema «Son, es, somos e temos dereitos»
O 19 de novembro celebramos en Pontevedra o acto central polo Día da Infancia baixo o lema “Son, es, somos e temos dereitos”. Centros educativos e entidades de Galicia presentarán as súas propostas sobre identidade cultural, intimidade, saúde mental e asociacionismo.
Talleres participativos “Coñecer para protexer”: creando espazos seguros coa infancia e adolescencia
Os talleres “Coñecer para protexer” da POIG percorren Galicia para traballar con nenos, nenas e adolescentes sobre a LOPIVI, os seus dereitos, a prevención da violencia e a creación de espazos seguros.
Non son ‘MENAS’: Son nenos, nenas e adolescentes e teñen dereitos
A POIG publica un documento de posicionamento no que reclama unha acollida digna, solidaria e sostible para os nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados, así como medidas urxentes para garantir os seus dereitos en Galicia.
Son, eres, somos e temos dereitos, comeza o novo proceso participativo para o Día da Infancia 2025
A POIG súmase un ano máis ao proceso participativo do Día da Infancia. Xa está aberta a inscrición para que grupos de nenos, nenas e adolescentes poidan opinar sobre os seus dereitos e facer propostas.
A carga excesiva de tarefas e a crecente complexidade nas aulas poñen en perigo á docencia
O malestar docente é unha realidade crecente que afecta á saúde mental e á calidade educativa. Exploramos os factores que o provocan e as claves para promover o benestar nas escolas.
A voz da infancia e adolescencia no 8 de marzo
O feminismo tamén é cousa da infancia e adolescencia! No 8M, damos voz ás súas ideas e reivindicacións. Escoitámolas? 💜
Asemblea Xeral da POIG: novas incorporacións e obxectivos para o 2025
O 25 de febreiro celebramos a primeira Asemblea Xeral da POIG do 2025, un encontro no que aprobamos documentos estratéxicos e demos a benvida a dúas novas entidades.
Coñecer para protexer: un proxecto que pon o foco na infancia
O proxecto Coñecer para protexer, impulsado pola Plataforma coa colaboración de Fundación «la Caixa», promove a prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia en situación de tutela.
A mocidade galega dá voz ao futuro nun encontro para construír a nova Lei de Xuventude
A Plataforma participou no I Encontro Territorial en Galicia cara á creación dunha nova Lei de Xuventude. Un espazo que colocou á mocidade galega no centro das decisións e destacou a importancia da súa participación activa.
O noso desexo para 2025… ¡Que se nos escoite!
Sorteo «O noso desexo para 2025… ¡Que se nos escoite!» organizado pola Unión de Consumidores de Galicia. Dirixido a escolas infantís e centros de protección de menores ou de día, busca destacar a importancia de escoitar á infancia. Prazo ata o 26 de xaneiro de 2025.
Informe «Infancia e Pobreza»: Opinións e propostas de nenos, nenas e adolescentes
O informe “Infancia e pobreza” recolle as experiencias de máis de 2.000 nenos e nenas en España para identificar retos como o acceso a recursos básicos ou a discriminación. Galicia tamén participou neste proceso, dando visibilidade ás voces da infancia galega.
Sistematización conclusións «Dereitos da infancia: aprenden e participan nos seus dereitos 2023»
A través de este documento sistematizador, trasládanse as aportacións recibidas no proxecto «Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos» financiado pola Xunta, mediante o proceso participativo polos dereitos da infancia deste ano 2023 baixo o lema «Infancia e Pobreza», para dar a coñecer e impulsar as demandas dos grupos de participantes relacionadas cos seus dereitos.
A Valedora do Pobo súmase á reivindicación do dereito á participación da infancia
A sede da Valedora acolleu hoxe un acto no que participaron o presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Xesús Vilas; a responsable de Participación Infantil da Plataforma de Infancia estatal, Mabel Taravilla; rapaces representantes do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA); e a propia Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño.
Nenos, nenas e adolescentes galegos expoñen as súas demandas na Cidade da Cultura polo Día Universal da Infancia
Trátase das conclusións dun proceso participativo convocado pola Plataforma de Organizacións de Infancia este ano baixo o lema “Infancia e Pobreza” e que ten como obxectivo que as propostas dos e das rapazas sexan tidas en conta no desenvolvemento de políticas públicas
Asistiron cerca de 200 escolares de entre 8 e 12 anos pertencentes a catro centros educativos galegos e da Fundación Down Compostela. Os participantes agruparon as súas achegas en catro ámbitos: bens de primeira necesidade, pobreza, ocio e cultura, educación e saúde
A Xunta constitúe o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
Hoxe constituíuse o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA), no cal trinta mozos e mozas de entre oito e dezasete anos, procedentes do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG, dos Conselos Locais de participación infantil dinamizados por UNICEF e do Sistema de Protección da Xunta, nomeáronse vogais e representantes da infancia e adolescencia galega.
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia congratúlase pola creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
Dez membros do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG serán nomeados vogais do novo órgano que se constitúe o 21 de abril.
Sistematización conclusións “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”
Queremos a través de este documento sistematizador, trasladar as aportacións recibidas no proceso participativo polos dereitos da infancia deste ano 2022, o cal realizouse baixo o lema “Participamos: é o noso dereito!”, para que sirva como altavoz, coñecemento e impulso a todas as demandas dos grupos de participantes.
A infancia galega alza a voz polo Día Universal dos Dereitos da Infancia
A POIG celebrou o Acto Central polo Día Universal dos Dereitos da Infancia coa Xunta no CGAC, acto ao que asistiron douscentos nenos e nenas de toda Galicia.
Os dereitos da infancia en Galicia
Trátase dun informe realizado polas 35 entidades membro da POIG que pretende ser un diagnóstico da situación da infancia e adolescencia en Galicia.
Guía para a prevención e sensibilización das adicións desde o ocio e o tempo libre.
ASDE España pon sobre a mesa cales son os factores individuais, ambientais e da propia substancia que poden derivar nunha adicción; en que se parecen e diferencian a dependencia e a adicción; cales son os factores de risco e cales os de protección; e compartimos tamén as tres mellores prácticas que entregaron quen fixo a nosa formación online “Nuevas adiciones y uso responsable de las TIC” (2ª edición).
A participar apréndese participando. Guía metodolóxica sobre dereitos da infancia
A participar apréndese participando, é unha Guía metodolóxica deseñada especialmente para educadores e educadoras ou outros profesionais que traballan directamente con nenos e nenas e que buscan alternativas diferentes para profundar no coñecemento dos seus dereitos, especialmente naqueles dereitos relacionados co seu dereito a participar.
Participar tamén é cousa de nenos. Guía didáctica para o profesorado
Co apoio da Generalitat Valenciana, UNICEF e de Save The Children lanzaron unha guía didáctica dirixida a profesores e mestres que traballan con grupos de nenos e nenas de 9 a 16 anos. Así mesmo, os contidos propostos son facilmente adaptables a niveis superiores ou inferiores.