Estudantes galegos alertan no Parlamento  de Galicia sobre o perigo dos discursos de odio

Máis de 50 estudantes de primaria, ESO, Grao e ciclo formativo pertencentes a cinco centros educativos galegos e un estudante en representación do colectivo «Estudantes por la Inclusión» participaron nunha sesión extraordinaria fronte a representantes políticos

As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma

A Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (LOPIVI), supuxo un avance en materia… more

Detección e actuación integral ante a violencia sexual contra a infancia e adolescencia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia está a colaborar coa Fundación Márgenes y Vínculos para a realización dunha formación a profesionais de todos os ámbitos sobre «Detección e actuación integral ante a violencia sexual contra a infancia e adolescencia».

Os dereitos da infancia en Galicia

Trátase dun informe realizado polas 35 entidades membro da POIG que pretende ser un diagnóstico da situación da infancia e adolescencia en Galicia.

Guía para o uso seguro das tecnoloxías e comunicacións interpersonais durante a ainfancia e adolescencia

Esta guía ten tamén o obxectivo da prevención e identificación e apoio de situacións de violencia que poden aparecer en calquera tipo de relación, tamén entre nenos/as ou adolescentes. Situacións a erradicar como o abuso sexual, o ciberacoso ou a violencia de xénero e que, a través das tecnoloxías da información e comunicación resultan máis difíciles de detectar e abordar.

Informe Small Voices Big Dreams 2019: A violencia contra a infancia explicada por nenas e nenos

Entender todas as dimensións da violencia contra os nenos e as nenas é fundamental para crear un mundo no que vivan libres de violencia.
Cerca de 5.500 niños y nenas en 15 países revelan su propia percepción sobre las diferentes dimensiones de la violencia contra la infancia.

Pequenos vacíos, Grandes Brechas: como os gobernos permiten que a violencia contra a nenez persista

O informe identifica onde os gobernos individuais e a comunidade internacional, no seu conxunto, deben ser máis ambiciosos para habilitar a lexislación, ademais de estratexias eficientes e efectivas para protexer a un número alarmante de nenos contra danos.

Unidade didáctica “A violencia de Xénero dille non”

O obxectivo xeral desta unidade é a de facilitar a labor do profesorado da mocidade de 3º e 4º de Educación Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato mediante a sensibilización e identificación das principais manifestacións da violencia de xénero.

ÉRASE UNHA VOZ: que pensan os nenos sobre a violencia?

No presente estudo preto de 1000 nenos e nenas dan a súa opinión sobre a violencia exercida contra eles. E non só contestáron, senón que tamén axudaron á elaboración do cuestionario. Porque é a súa voz e a súa opinión o que importa.

Informe Violencia Game Over

Mediante o xogo interactivo “Last Escape” os mozos e mozas constituen un videoxogo da “última escapada” da violencia, a través del os menos e nenas piden actuar para previr e evitar a violencia contra a infancia.

Impacto da violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes. Guía de intervención.

Trátase dunha guía dirixida á problemática dos nenos, nenas e adolescentes vítimas de contextos de violencia de xénero. É un instrumento de traballo que axuda a orientar a intervención técnica con estes nenos e nenas coa finalidade de reducir o impacto da violencia de xénero sobre os mesmos e romper o círculo da violencia que se perpetúa ás veces, ao longo das xeracións.

Diversidade sexual nas aulas: Evitar o bullying ou acoso

Ao longo destas páxinas estúdase que é e como se manifesta o acoso escolar homofóbico, tratando de establecer algunhas pautas para combatelo. Constitúe un fenómeno complexo, arraigado en patróns culturais moi ben asentados, pero hoxe en día é posible atallalo.