Con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar (2 de novembro), Educo denuncia as lagunas do coordinador de benestar e protección en Galicia, figura clave contra a violencia cara a infancia
A ONG Educo lanza o informe A figura do Coordinador/a de Benestar e Protección. Xerando contornas protectoras e de bo trato nos centros educativos onde analiza e repasa este posto nado coa Lei Integral de Protección á Infancia e a Adolescencia fronte a Violencia (LOPIVI) e instaurado nos centros educativos con desiguais características.
A Plataforma de Organizacións de Infancia presentou o seu Informe sobre Pobreza Infantil en Galicia
93.000 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social, o que supón case o 25% da infancia e adolescencia galega.
A carencia material severa en nenos, nenas e adolescentes alcanza cifras históricas en España
A Plataforma de Infancia presenta os resultados desglosados da Enquisa de Condicións de Vida (ECV) 2023 en materia de infancia e adolescencia. Segundo os datos da última Enquisa de Condicións de Vida (ECV) 2023, a carencia material severa para os nenos, nenas e adolescentes en 2022 foi do 10,1 %, o dato máis alto desde 2008.
Sistematización conclusións “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”
Queremos a través de este documento sistematizador, trasladar as aportacións recibidas no proceso participativo polos dereitos da infancia deste ano 2022, o cal realizouse baixo o lema “Participamos: é o noso dereito!”, para que sirva como altavoz, coñecemento e impulso a todas as demandas dos grupos de participantes.
Resumo: Os dereitos da infancia en Galicia
Trátase do resumo do informe realizado polas 35 entidades membro da POIG en novembro do 2021, que pretende centrar os esforzos cun diagnóstico sucinto da situación da infancia e adolescencia en Galicia.
Os dereitos da infancia en Galicia
Trátase dun informe realizado polas 35 entidades membro da POIG que pretende ser un diagnóstico da situación da infancia e adolescencia en Galicia.
Informe Final ColeSeguro: “O investimento adicional en educación para a adaptación ao contexto COVID-19 en Galicia: análise do curso 2020/2021”
Nel analízase o investimento adicional realizado pola Comunidade Autónoma de Galicia para garantir o dereito á educación durante o curso 2020/2021 e recóllense os datos dunha enquisa demoscópica realizada para coñecer a percepción das familias.
Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
Presentación dos resultados do Proxecto Cole Seguro en Galicia, realizado pola Plataforma de Infancia e Political Watch co apoio da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. Analízase o investimento realizado para garantir a educación a cargo dos Fondos COVID-19 estatais, as medidas de seguridade fronte ao COVID-19 impostas nos centros educativos e a percepción cidadá sobre as mesmas.
A infancia en Galicia
A recompilación de datos realizada por UNICEF tivo en conta o disposto na Convención sobre os Dereitos do Neno, as Observacións Finais do Comité dos Dereitos do Neno a España (2018) e as Observacións Xerais que este Comité elabora para profundar no cumprimento de certos dereitos, ademais dos tres informes sobre a situación da infancia en España de UNICEF Comité Español.
Análise da Enquisa sobre Condicións de Vida desde a Perspectiva da Infancia
A Plataforma de Infancia pretende realizar unha análise preliminar dos datos actualizados da ECV na súa edición de 2019 publicada no 21 de xuño de 2020 referentes aos fogares con menores e as persoas de menos de 18 anos para facer unha avaliación da situación dos nenos, nenas e adolescentes en España desde a perspectiva de dereitos da infancia.
Facer efectivos os dereitos do neno mediante un entorno saudable: Informe da Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.
Este informe preséntase en cumprimento da resolución 40/14 do Consello de Dereitos Humanos, na que o Consello solicitou á Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos que preparase un informe sobre o tema de facer efectivos os dereitos do neno mediante unha contorna saudable.
Familias en risco: análise da situación das familias nos fogares con fillos e fillas en España
É preciso coñecer que tipo de fogares atópanse nesa situación e adaptar ditas políticas ás características concretas destes fogares.
Para iso, realizamos un perfilado estatístico dos fogares en risco de pobreza en base ás variables que os caracterizan. A análise céntrase en identificar grupos homoxéneos de fogares con nenos e nenas en España para logo analizar as principais características de cada un.
Estado Mundial da Infancia 2019: Nenos, alimentos e nutrición.
O presente informe expón o estado mundial na infancia en temas tan relevantes coma a alimentación e nutrición, xa que moitos menos, nenas e adolescentes non están a recibir a alimentación que precisan, socavando a súa capacidade para crecer, desenvolverse e aprender ao máximo das súas posibilidades.
VIII Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España
O VIII Informe FOESSA dá conta da saída da Gran Recesión e dos “modos” que empregamos. Un modelo de saída que nos dividiu en tres grandes núcleos. A sociedade estancada, que xa se atopaba así antes da crise e que continúa hoxe no mesmo lugar. A sociedade insegura, que cando mira á anterior vese preto pero distinta.
ÉRASE UNHA VOZ: que pensan os nenos sobre a violencia?
No presente estudo preto de 1000 nenos e nenas dan a súa opinión sobre a violencia exercida contra eles. E non só contestáron, senón que tamén axudaron á elaboración do cuestionario. Porque é a súa voz e a súa opinión o que importa.
Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia
Este infome expón os resultados da enquisa sobre integración e necesidades sociais 2018.
O VIII Informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social en España é o informe sobre o camiño que parece seguir a nosa sociedade desde o último cuarto do século pasado ata o ano 2019, as brechas que nos últimos tempos ameazan con romper ese camiño e as encrucilladas ante as que se atopa situada actualmente.
Uso problemático das TICs e adicións sen sustancia
Os resultados obtidos ofrécennos unha información moi valiosa para coñecer a situación actual dos adolescentes dos Grupos Scouts en relación ao uso das TICs e a información que manexan sobre as adiccións sen substancia.