POIG
  • Menú
    • Novas
    • Incidencia
    • Recursos
    • Dereitos da infancia
      • Convención sobre os dereitos do neno
        • Convención sobre Os Dereitos do Neno – Texto oficial
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 6 a 8 anos
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 9 a 12 anos
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 13 a 17 anos
      • Protocolos facultativos da Convención sobre os Dereitos do Neno
        • Relativo a un procedemento de comunicacións
        • Relativo á venda de nenos, á prostitución infantil e á utilización de nenos na pornografía
        • Relativo á participación de nenos nos conflitos armados
    • BIBLIOTECA ONLINE
    • Participación
    • Faite Socio
    • Contacto
    • Obxectivos
    • Quen Somos
POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • En familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS DA INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • REDEIR@S
Incidencia

O investimento adicional en educación en Galicia centrouse en garantir a presencialidade segura

29 septiembre, 2021
By POIG
0 Comentario
1623 Views

Hoxe faise público o informe do proxecto Cole Seguro “O investimento adicional en educación para a adaptación ao contexto COVID-19 en Galicia: análise do curso 2020/2021”.

Nel analízase o investimento adicional realizado pola Comunidade Autónoma de Galicia para garantir o dereito á educación durante o curso 2020/2021 e recóllense os datos dunha enquisa demoscópica realizada para coñecer a percepción das familias.

Durante o curso escolar 2020/2021, na Comunidade Autónoma de Galicia investíronse de forma extraordinaria 198,4 millóns de euros co fin de facer fronte á COVID-19 no ámbito educativo, un 7,7% adicional con respecto ao orzamento de educación do curso inmediatamente anterior á pandemia. Unha porcentaxe moi similar á media española do 7,9%.

Este é un dos datos recollidos no informe do proxecto Cole Seguro “O investimento adicional en educación para a adaptación ao contexto COVID-19 en Galicia: análise do curso 2020/2021” que se fixo público hoxe.

Este informe, apoiado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e elaborado pola Plataforma de Infancia e Political  Watch dentro da súa iniciativa conxunta Cole Seguro, sinala que, do total de fondos extraordinarios destinados a educación en Galicia a metade proveñen do investimento estatal (52,3%) e a metade do investimento propio autonómico de Galicia.

Un esforzo autonómico superior a o de outros territorios, situándose a media española no 30%, e recoñecido polas familias, xa que case 3 de cada 4 familias consultadas en Galicia indican que o aproveitamento educativo durante este curso foi similar ao de outros cursos (58% de media en España).

En Galicia, un 65,7% do investimento extraordinario en educación dedicouse á adaptación aos protocolos COVID-19. Galicia foi a Comunidade Autónoma, despois de Navarra, que máis investiu en obras para ampliar ou adaptar os centros educativos, dedicando 24 millóns de euros a este concepto.

Ademais, 1 de cada 3 euros investidos en Galicia foron á contratación de persoal docente e de apoio á coordinación de protocolos COVID-19. E máis da metade das familias consultadas en en a Comunidade Autónoma consideran que a redución do número de estudantes por aula mellorou a calidade da educación (57,7%).

A Comunidade dedicou un 8,9% do investimento extraordinario en educación á extensión da educación dixital. Mentres que no primeiro trimestre só o 39% das familias en España manifestaban que a educación dixital nos seus centros era boa ou excelente, a final de curso esta proporción ascendía a un 52% en Galicia, coincidindo coa media estatal.

Destaca que Galicia investiu en educación dixital a metade que a media do Estado, aínda que isto pode deberse á existencia de programas relacionados coa educación dixital de forma previa á pandemia.

Por outra banda, Galicia foi a Comunidade que máis fondos destinou a programas para garantir a equidade educativa. Aínda así, 1 de cada 2 familias consultadas en Galicia considera que as medidas para garantir a igualdade de oportunidades seguen sen ser suficientes.

A este respecto, destaca o investimento de 7,6 millóns de euros nun programa de bolsas e axudas para a compra de libros e material escolar, no que se flexibilizaron os límites de renda para dar unha maior cobertura ao alumnado beneficiario.

Ademais, Galicia é a Comunidade que maior investimento para a adaptación e reforzo do comedor escolar (24,5 millóns de euros) realizou a cargo dos fondos extraordinarios.

É importante sinalar tamén que, a metade dos nenos e nenas en España viron alterado o seu dereito ao descanso no centro escolar. No 3% dos casos non puideron saír ao patio durante a hora do recreo e nun 47% só puideron saír algúns días á semana.

Ademais, 4 de cada 5 familias (82%) en Galicia consideran que as medidas que se tomaron poden impactar negativamente na saúde mental e o benestar emocional dos nenos e nenas. Con todo, non se atopou ningunha evidencia de execución orzamentaria relativa a estes programas durante o curso 2020/2021.

Por último, o nivel de accesibilidade á información en Galicia sobre o financiamento adicional para facer fronte á COVID-19 no ámbito educativo foi alto.

Para ver o informe ao completo podes premer aquí.

Máis información sobre o proxecto ColeSeguro.

Tags: #ColeSeguro #educación #infanciagalicia COVID-19

Anterior
Educo: as nenas e nenos de Galicia inician o curso escolar coa mochila máis baleira
Siguiente
Informe Final ColeSeguro: “O investimento adicional en educación para a adaptación ao contexto COVID-19 en Galicia: análise do curso 2020/2021”

Entradas recientes

  • A Valedora do Pobo súmase á reivindicación do dereito á participación da infancia lunes, 27, Nov
  • O Pleno do Parlamento galego le unha declaración institucional polo Día da Infancia martes, 21, Nov
  • Nenos, nenas e adolescentes galegos expoñen as súas demandas na Cidade da Cultura polo Día Universal da Infancia lunes, 20, Nov
  • Con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar (2 de novembro), Educo denuncia as lagunas do coordinador de benestar e protección en Galicia, figura clave contra a violencia cara a infancia jueves, 2, Nov
  • A Plataforma de Organizacións de Infancia presentou o seu Informe sobre Pobreza Infantil en Galicia viernes, 20, Oct

Comentarios recientes

  • Jkvxwe en Mestrado en Desenvolvemento infantil e atención temperá
  • Adrianna en A Comisión Europea avisa a España: prioritario, reducir a pobreza infantil eo abandono escolar prematuro
  • Marita en A Plataforma de Infancia elabora un documento de recomendacións para unha desescalada que respecte os dereitos da infancia
  • Clemmie en A Comisión Europea avisa a España: prioritario, reducir a pobreza infantil eo abandono escolar prematuro
  • Angelagaids en Xornada técnica sobre atención temperá

FINANCIA:

COLABORA:

Dirección: Belvís, 2 15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 747 491 242
E-Mail: poig@infanciagalicia.org

Copyright ©2019 Created by PEstudio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

Aviso de cookies
SearchPostsLogin
lunes, 27, Nov
A Valedora do Pobo súmase á reivindicación do dereito á participación da infancia
martes, 21, Nov
O Pleno do Parlamento galego le unha declaración institucional polo Día da Infancia
lunes, 20, Nov
Nenos, nenas e adolescentes galegos expoñen as súas demandas na Cidade da Cultura polo Día Universal da Infancia
jueves, 2, Nov
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar (2 de novembro), Educo denuncia as lagunas do coordinador de benestar e protección en Galicia, figura clave contra a violencia cara a infancia
viernes, 20, Oct
A Plataforma de Organizacións de Infancia presentou o seu Informe sobre Pobreza Infantil en Galicia
lunes, 9, Oct
A Plataforma de Organizacións de Infancia urxe medidas para poñer fin á saturación do sistema galego de protección á infancia

Welcome back,