Impacto da crise do COVID-19 sobre a infancia máis vulnerable

O día 28 de setembro UNICEF España presentou un estudo no cal se visibiliza como a crise xerada pola pandemia de COVID-19 está a afectar aos nenos e nenas que viven en maior vulnerabilidade.

O día 28 de setembro UNICEF España presentou o estudo “Impacto da crise por COVID-19 sobre os nenos e nenas máis vulnerables. Reimaxinar a reconstrución en clave de dereitos de infancia” no cal se visibiliza como a crise xerada pola pandemia de COVID-19 está a afectar aos nenos e nenas que viven en maior vulnerabilidade.

En plena segunda onda, é fundamental ter claras cales foron as consecuencias sobre a infancia das decisións políticas tomadas os meses anteriores, para que o seu benestar e os seus dereitos sexan priorizados nas novas medidas.

O informe “Impacto da crise por COVID-19 sobre os nenos e nenas máis vulnerables. Reimaxinar a reconstrución en clave de dereitos de infancia” analiza tanto datos de fontes oficiais como a información brindada polas entidades que atenden a estes nenos e nenas. As súas opinións recóllense nunha enquisa na que participaron case 200 entidades.

Para descargar o informe e ver os seus resultados principais, tanto a nivel estatal como a nivel de Comunidades Autónomas, poden consultar o sitio web de UNICEF España sobre o impacto da Covid-19 na infancia.

Para descargar o informe, a ficha resumo e os resultados principais en Galicia pódese premer aquí.

Entre as recomendacións do Comité de Galicia de UNICEF atópanse:

  • Medidas para familias en situación de pobreza e exclusión.
  • Medidas contra as brechas educativas.
  • Medidas especiais para detectar a violencia contra a infancia.
  • Medidas especiais de atención á saúde mental.
  • Medidas especiais para garantizar a protección dos nenos tutelados.
  • Medias especiais para a infancia migrante e refuxiada.
  • Unha maior e eficaz inversión na infancia.

Na presentación do estudo, xerouse un diálogo sobre a situación da infancia con entidades sociais e representantes dos grupos parlamentarios no Congreso. Tamén se contou coa participación do Director Xeral de Dereitos da Infancia e a Adolescencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e co Presidente do Comité dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas.

Pódese ver a gravación do evento premendo aquí.

Compartir
Tabla de contidos