Grupos de Traballo da POIG
A POIG organízase en catro grupos de traballo, onde as entidades membro colaboran para avanzar en áreas clave. Cada grupo reúnese un mínimo de catro veces ao ano para coordinar accións e impulsar cambios.
Grupo de Traballo de Incidencia Política
As persoas responsables de incidencia das entidades reúnense para coordinar o impulso de accións, dos produtos e encontros destinados a posicionar á poboación infantil como prioritaria na axenda política e á POIG como interlocutora da sociedade civil para impulsar políticas públicas a favor da infancia e adolescencia.
Entre as accións que se están a realizar, atópanse:
- Realización de documentos para a promoción da incidencia nos diferentes espazos da administración autonómica nos que se participa.
- Mantemento de reunións cos Grupos Políticos con representación parlamentaria.
- Reunións coas diferentes Consellerías que poden afectar ao benestar da infancia e adolescencia (Política Social, Educación, Sanidade, etc.)
- Asistir a espazos como entidade representativa do ámbito social dos grupos do Observatorio Galego da Familia e da Infancia (grupos de saúde mental e implementación da LOPIVI), e asistir como membro ao Consello Galego de Benestar Social, ao FSE+ Galicia e ao Programa de Fondos FEDER Galicia.
Contacto: Inés Salteiro Leis (Dirección)
Email: incidencia@infanciagalicia.org
Grupo de Traballo de Sistema de Protección
Composto por entidades expertas na materia, pretende analizar o estado do sistema de protección, plantexar propostas para a súa mellora e articular iniciativas para conseguilo.
Entre as accións que se desenvolven, atópanse:
- Desenvolvemento de incidencia e documentos en coordinación coa Xunta para a mellora do sistema de protección.
- Cada tres meses reunímonos coa Subdirección de Infancia e os xefes de servizo provincial no que chamamos «Mesa de Protección». Na mesma, ademais da Xunta, asistimos 6 representantes do grupo de protección da plataforma para tratar cuestións de relevancia.
- Formacións mediante un proxecto da Fundación A Caixa ao persoal técnico de entidades do sistema de protección.
Contacto: Inés Salteiro Leis (Dirección)
Email: proteccion@infanciagalicia.org
Grupo de Traballo de Participación Infantil
É un grupo composto por técnicos de entidades de infancia que traballan na promoción da participación infantil. Este grupo serve de referencia para deseñar, executar e avaliar o traballo da POIG nesta materia, así como para traballar en rede dita cuestión.
Entre as tarefas que se desenvolven, atópanse:
Realización dos seguintes proxectos sobre participación infantil:
«Dereitos da infancia: aprenden e participan nos seus dereitos» Este proxecto está ligado ao proceso participativo polo que se traballan os dereitos da infancia e á conmemoración coa Xunta do Día da Infancia.
«Redeir@s: os dereitos da infancia en rede«, mediante o cal se pon ao dispor un espazo web dedicado á participación infantil e adolescente, xestiónanse e realízanse actividades en encontros presenciais co noso Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG, integrado por nenos, nenas e adolescentes das entdiades membro.
Proxecto de voluntariado para a inclusión de persoal voluntario na comunicación e actividades de participación infantil cos nenos, nenas e adolescentes que traballan actividades da plataforma.
-
- Coordinación co Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia do cal forman parte 10 nenos, nenas e adolescentes do noso Grupo de Participación Infantil e Adolescente.
-
- Anualmente no Día da Infancia realizamos un acto central coa Consellería de Política Social e Inclusión e diferentes actos descentralizados a nivel local mediante as nosas entidades.
Contacto: Carla Rodríguez García (Técnica de Participación Infantil, programas e voluntariado)
Email: participacion@infanciagalicia.org