Eu tamén teño un nome

Eu tamén teño un nome

A Convención dos  Dereitos do Neno, no seu artigo 7, recolle que todos os nenos e nenas teñen dereito a un nome.

O neno ten que ser inscrito xusto despois de nacer e ten dereito desde ese momento:

–       a ter un nombre

–       a ter unha nacionalidade

–       e, na medida do posible, a coñecer os seus pais e que eles lle coiden

Os Estados Parte ten que velar pola aplicación de estes dereitos, de conformidade coa súa lexislación nacional e as obrigas que van contraindo en virtude dos instrumentos internacionais, sobre todo cando o neno resulte de outro xeito apátrida.

O artigo 8 da Convención sobre os Dereitos do Neno di que os Estados Parte comprométense a respectar o dereito do neno a preservar a súa identidade, incluídas a nacionalidade, o nome e as relación familiares de conformidade coa lei sen inxerencias ilícitas.

Cando un neno é privado de xeito ilegal de algunho dos elementos da súa identidade ou de todos eles, os Estados Parte deben prestar á asistencia e protección axeitadas para restablecer rápido a súa identidade.

Compartir
Tabla de contidos