Estrutura da Plataforma

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) organízase en distintos órganos e espazos de traballo que permiten unha mellor coordinación entre as entidades membro e unha acción máis efectiva na defensa dos Dereitos da Infancia.

🏛 Asemblea Xeral

É o órgano soberano da POIG e, xunto coa Xunta Directiva, marca as liñas estratéxicas da Plataforma.

🔹 Composta por todas as organizacións socias e os membros da Xunta Directiva.
🔹 As súas decisións son de obrigado cumprimento para todos os membros.
🔹 Entre as súas funcións destacan:

  • Definir a política xeral da POIG.
  • Aprobar a xestión da Xunta Directiva.
  • Examinar e validar memorias anuais, contas e orzamentos.
  • Avaliar propostas das entidades membro dentro do plan estratéxico e o plan operativo anual

A Xunta Directiva é o órgano encargado de xestionar e representar á POIG. Está formada por representantes das entidades membro, que asumen esta responsabilidade de forma voluntaria.

📌 Funcións principais

  • Executar os acordos da Asemblea Xeral.
  • Representación institucional da POIG.
  • Coordinación dos grupos de traballo.
  • Elaboración da Memoria Anual de Actividades e do orzamento.

📍 Composición

🤝 Entidades membro

A POIG está integrada por 52 entidades que comparten un compromiso firme pola defensa dos Dereitos da Infancia.

 

As organizacións membro poden representar á Plataforma en distintos espazos e participan activamente nos grupos de traballo. Ademais, contribúen ao desenvolvemento de proxectos, campañas de sensibilización e accións de incidencia política para mellorar o benestar da infancia e adolescencia en Galicia

🔎 Grupos de Traballo

As entidades membro poden unirse libremente a diferentes Grupos de Traballo (GT) para colaborar en áreas específicas:

🏢 Secretaría Técnica

A Secretaría Técnica encárgase da execución das decisións da Xunta Directiva e da xestión diaria da Plataforma.

🔹 Atención ao público e ás entidades membro.
🔹 Comunicación da información da POIG e das súas entidades.
🔹 Apoio ás comisións e grupos de traballo.
🔹 Xestión da sede social, programas e actividades.
🔹 Relacións institucionais.

📍 Equipo actual:

  • Inés Salteiro, responsable da Secretaría Técnica.
  • Carla Rodríguez, técnica de participación e comunicación.
  • Anxo Tarrío, técnico de incidencia política e administración.
  • Sara Gestal, técnica de incidencia social e comunicación.
  •  

📩 Contacto: secretariatecnica@infanciagalicia.org

🌍 Espazos regrados da POI Estatal

         A POIG tamén participa en espazos de coordinación a nivel estatal dentro da Plataforma de Infancia de España:

  • Mesa Territorial: Coordinación entre plataformas territoriais de infancia.
  • Foro de Representantes: Reunión trimestral para debater accións estratéxicas.