POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S
Dereitos da infancia, Novas

Educo alerta que en Galicia as familias vulnerables poden recibir unha bolsa comedor (ou non) segundo o lugar onde viven

15 septiembre, 2023
By POIG
0 Comment
751 Views
  • A convivencia de diferentes sistemas de bolsa comedor (autonómicos e municipais) xera diferenzas territoriais, segundo un informe da ONG que analiza os sistemas para dar esta axuda nas 17 comunidades autónomas.
  • Educo lamenta que un millón de nenos e nenas sen recursos quedan sen bolsa comedor en España este curso e propón “a receita deste curso”: 10 ingredientes para que o sistema de bolsas asegure o acceso ao comedor da infancia en risco de pobreza, independentemente do lugar de residencia.

14 de setembro de 2023. Con motivo do inicio do curso escolar, cos elevados prezos que están a alcanzar os alimentos, Educo alerta que en Galicia non todas as familias sen recursos acceden nas mesmas condicións a unha bolsa comedor.

A ONG publicou un informe Receitas que educan. Os 10 ingredientes dunha boa política de bolsas e axudas ao comedor escolar que analiza os sistemas para dar esta axuda económica nas 17 comunidades autónomas, Ceuta e Melilla. O informe distingue os 10 ingredientes que debería ter un bo sistema de bolsas e axudas para o comedor para que toda a infancia en situación de pobreza acceda a este espazo.

En Galicia, o acceso ao comedor en primaria é superior á media estatal (49% versus o 44%) e as familias en risco de pobreza obteñen bolsas ao 100% na maioría dos casos. Con todo, conviven diferentes sistemas de bolsas públicas, aqueles que dependen do goberno autonómico e aqueles que dependen dos gobernos municipais.

Esta situación xera desigualdade territorial entre municipios ou comarcas dentro da comunidade autónoma. Nenos, nenas e adolescentes, segundo onde vivan, poden recibir bolsas ou non recibilas. Atópanse diferenzas nos criterios que se empregan para outorgar estas bolsas, por exemplo, nos niveis de renda que se esixen para ter acceso a estas. Diferenzas en canto ao calendario de tramitación, o alumnado de certos municipios comeza o curso sen saber se se lles outorgou ou non a axuda. Por outra banda, os montos asignados a estes programas ou o proceso de tramitación tamén son diferentes entre os distintos territorios.

“A participación das administracións locais parécenos moi valiosa para xerar políticas de proximidade. Pero a falta de harmonización entre as distintas bases xera desigualdade e non garante que toda a infancia vulnerable acceda ao comedor escolar en igualdade de condicións”, afirma Mónica Viqueira, responsable de Educo en Galicia. “Desde Educo consideramos que o acceso ao espazo de mediodía forma parte do dereito á educación e, por tanto, debería ser gratuíto para todos os nenos e nenas, independentemente da situación económica das súas familias. Á parte de garantir unha boa alimentación, tamén ofrece a oportunidade de aprender hábitos nutricionais e sociais nunha contorna segura. Ninguén debería quedar fóra dese espazo que garante a igualdade de oportunidades”, engade.

En España, un millón de nenos e nenas vulnerables quedan sen comedor
En España, case un de cada tres menores de 18 anos – o 27,8% – vive en risco de pobreza, pero as bolsas comedor só alcanzan o 13%. Isto significa que case un millón de nenos e nenas que deberían recibir unha bolsa comedor quedan sen esta opción.

O informe de Educo mostra que os complexos sistemas de bolsas das diferentes
comunidades autónomas explica, en gran parte, que haxa tantas familias sen recursos
que non poden levar aos seus fillos e fillas ao comedor escolar. Polo xeral, todos os sistemas pódense mellorar e algúns mostran grandes carencias. Tamén queda patente que as diferenzas entre territorios determinan recibir (ou non) a bolsa comedor segundo o seu lugar de residencia.

Desde 2013 Educo repartiu 59.000 bolsas comedor e facilitou máis de cinco millóns de comidas a nenos e nenas de todo o Estado. Actualmente, a ONG ten en marcha a campaña “Receitas que educan” que inclúe un reto solidario por conseguir, co apoio da cidadanía e as empresas, repartir seis millóns de comidas a finais de ano.

Sobre Educo:

Educo forma parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia dende a súa creación. Desde hai máis de 30 anos, traballa na defensa dos dereitos da infancia; especialmente o seu dereito para recibir unha educación de calidade. Actualmente levamos a cabo 201 proxectos en 17 países nos que participan 1 millón de nenos, nenas, adolescentes e novas. Tamén formamos parte da alianza internacional ChildFund, o que permite que o noso apoio chegue a máis países e persoas.

Tags: becas comedor educo infancia galicia

Previous Story
Detección e actuación integral ante a violencia sexual contra a infancia e adolescencia
Next Story
A Plataforma de Organizacións de Infancia urxe medidas para poñer fin á saturación do sistema galego de protección á infancia

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • Non son ‘MENAS’: Son nenos, nenas e adolescentes e teñen dereitos miércoles, 16, Jul
  • Publicidade de alimentos pouco saudables: un risco que segue sen regular lunes, 7, Jul
  • A POIG acolle en Santiago o encontro “Tejiendo Red” das Plataformas de Infancia Autonómicas lunes, 2, Jun
  • Medrar en familia é un dereito. Acollemento familiar en Galicia sábado, 31, May
  • Son, eres, somos e temos dereitos, comeza o novo proceso participativo para o Día da Infancia 2025 miércoles, 14, May

Comentarios recientes

    Dirección: Belvís, 2 15703 Santiago de Compostela
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: poig@infanciagalicia.org

    Copyright ©2019 Created by PEstudio

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

    Aviso de cookies
    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    miércoles, 16, Jul
    Non son ‘MENAS’: Son nenos, nenas e adolescentes e teñen dereitos
    lunes, 7, Jul
    Publicidade de alimentos pouco saudables: un risco que segue sen regular
    lunes, 2, Jun
    A POIG acolle en Santiago o encontro “Tejiendo Red” das Plataformas de Infancia Autonómicas
    sábado, 31, May
    Medrar en familia é un dereito. Acollemento familiar en Galicia
    miércoles, 14, May
    Son, eres, somos e temos dereitos, comeza o novo proceso participativo para o Día da Infancia 2025
    miércoles, 23, Abr
    XV Congreso Nacional de Atención Temperá: Atención temperá e crianza en A Coruña

    Welcome back,