DESCARGAR EN PDF

Artigos 1 e 2: A quen se aplica a Convención?

A familia é moi importante para o desenvolvemento, benestar e felicidade dos nenos e nenas.

Os principais responsables do teu coidado son os teus familiares.

O Goberno debe poñer todos os medios para asegurar que se respeten os dereitos dos nenos e das nenas.

O Goberno tamén debe axudar a outros países a respectar estes dereitos.

Artigos 7 e 8: Dereito ao nome e á nacionalidade

Todos os nenos e nenas teñen dereito a un nome e a unha nacionalidade. Todos os nenos e nenas son importantes en igual medida.

Non debes ser discriminado pola túa apariencia, a túa cor, o teu sexo, o teu idioma, a túa relixión, as túas opinións, etc.

Artigos 12, 13 e 14: Dereito á libertade de expresión, opinión e relixión

As persoas que deciden sobre asuntos que afectan á infancia deben ter sempre en conta os intereses do neno e da nena.

Todos os nenos e nenas teñen dereito a expresar o que senten.

Artigos 24, 25 e 28: Dereito á educación. Dereito á saude

Todos os nenos e nenas teñen dereito a asistir ao colexio e a aprender cousas importantes como, por exemplo, o respecto polos dereitos humanos e por outras culturas.

Cando esteas enfermo terás dereito a recibir moita axuda e os coidados que necesites.

É importante que no colexio os nenos e as nenas poidan desenvolver a súa personalidade, capacidade e habilidades.

Artigo 27: Desenvolvemento e condicións de vida

Todos os nenos e nenas teñen dereito a unhas condicións dignas de vida.

Artigos 20, 21, 22 e 23: Fogares de acollida e adopción, refuxiados, discapacidade e axudas especiais

O neno ou a nena que se viu forzado ou forzada a abandoar o seu país ten os mesmos dereitos que todos os que viven no país de acollida.

Se a túa familia non está contigo, debes recibir protección e axuda especiais.

Se fose posible, deben axudarche a reunirte coa túa familia.

Se tes unha discapacidade, debes recibir apoio e axuda especiais.

Artigos 12, 13, 14 e 17: Liberdade de expresión, opinión e relixión, e diversidade de información

As ideas e crenzas de todos os rapaces e rapazar deben ser respectadas.

Se pertences a unha minoría, tes dereito a falar o teu idioma, a manter os teus costumes e a practicar a túa relixión.

Todos os nenos e nenas teñen dereito a recibir información de diferentes partes do mundo a través da radio, televisión, prensa e libros. A información non debe ser prexudicial. Ti tamén tes dereito a dar información.

Artigo 24: Dereito á saude

Todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir nun medio ambiente saudable.

Artigo 15: Dereito á intimidade

Todos os nenos e nenas teñen dereito a que se respecte a súa intimidade. Por esta razón, ninguén pode ler sen o teu permiso as túas cartas, teus escritos ou revolver nas túas cousas.

Artigos 5, 18 e 26: Responsabilidade dos pais

Todos os nenos e nenas teñen dereitos a estar co seu pai e coa súa nai, aínda que estes non vivan xuntos.

A nai e o pai teñen as mesmas obrigacións con respecto aos seus fillos e fillas.

Os pais e nais teñen dereito a recibir apoio e axuda para túa educación e desenvolvemento.

Artigo 19, 34 e 39: Protección contra o maltrato, os abusos e a explotación

Ningún neno ou nena debe ser maltratado, explotado ou abandonado.

Ningún neno ou nena debe ser forzado a realizar un traballo que o perxudique.

Ningún neno ou nena debe sufrir abusos sexuais.

Se es maltratado tes dereito a ser protexido e axudado.

Artigo 17: Dereito á diversidade de información

Todos os nenos e nenas teñen dereito a estar informados e a coñecer cales son os seus dereitos.