A QUEN SE APLICA A CONVENCIÓN
Artigos 1 e 2
A Convención vai dirixida a todos os repaces e rapazas que teñan menos de 18 anos; é dicir, a quen non alcanzase a maioría de idade.
Diríxese a todos os rapaces e rapazas, independentemente da súa cor, sexo, idioma, nacionalidade, orixe étnica e social, relixión, opinións políticas, discapacidade ou calquera outra circunstancia e condición.
PROTECCIÓN CONTRA A DISCRIMINACIÓN
Artigo 2
Os rapaces e rapazas que son discriminados ou intimidados por razón da súa cor, sexo, idioma, nacionalidade, orixe étnica, posición da súa familia, actividade, opinións ou relixión telen dereito a ser protexidos.
INTERESE SUPERIOR DOS MOZOS E MOZAS
Artigo 3
Cando os tribunais, autoridades ou outros órganos decidan sobre asuntos que afecten os mozos e mozas deben actuar sempre tendo en conta os seus intereses.
COMO DEBEN APLICARSE OS DEREITOS
Artigo 4
Os Estados que ratificaron esta Convención deben velar para que as leis e normas se adecúen á Convención.
Deben adoptar as medidas necesarias para que se cumpran estes dereitos.
AXUDA INTERNACIONAL
Artigo 4
Se un país non dispón de recursos suficientes para poder cumprir as esixencias da Convención, debe obter axuda a través da cooperación internacional.
RESPONSABILIDADES DOS PAIS
Artigo 5, 18, 26 e 27
Tanto a nai como a pai teñen responsabilidades comúns na educación e no desenvolvemento dos seus fillos. Sempre deben ter en conta o interese destes.
Os pais deben axudar aos seus fillos para que comprendan e exerzan os seus dereitos.
O Estado debe restectar e apoiar os pais e as persoas e institucións que teñen responsabilidades coa infancia e a súa educación.
O Estado debe garantir que os fillos de pais traballadores poidan beneficiarse de servizos de gardería.
O Estado debe asegurar tamén que as institucións e servizos destinados ao coidado dos rapaces e rapazas traballen de acordo co establecido na Convención.
DEREITO Á VIDA
Artigo 6
Todos os rapaces e rapazas teñen dereito á vida. O Estado debe facer todo o posible para asegurar o seu crecemento e desenvolvemento.
DEREITO AO NOME E Á NACIONALIDADE
Artigo 7 e 8
Inmediatamente despois de naces, o neno ou a nena deberá ser inscrito/a nun rexistro. Tamén ten dereito a recibir un nome e a adquirir unha nacionalidade. Na medida do posible ten dereito a coñecer os seus pais e a ser coidado por eles.
Ninguén ten dereito a arrebatarlle estes dereitos.
PAIS E FILLOS
Artigos 9, 10 e 11
Os rapaces e rapazas non deben ser separados dos seus pais, excepto cando iso se realice no seu beneficio.
Se os rapaces ou rapazas viven separados dos seus pais, teñen dereito a velos e a manter un contacto directo na medida do posible. Este dereito tamén se mantén aínda que algún dos pais viva noutro país.
Se o pai ou a nai, ou ambos, se atopan encarcerados, foron expulsados ou faleceron, o adolescente ten dereito a saber onde están e que lles pasou.
Non se pode trasladar ilicitamente a ningún rapaz ou a mantelo nun país estranxeiro contra a súa vontade ou a dos seus pais.
DEREITO Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN, OPINIÓN E RELIXIÓN
Artigos 12, 13 e 14
Os rapaces e rapazas teñen dereito a expresar as súas opinións e a que os teñan en conta nos asuntos que lles afectan. Deben ter a liberdade para falar. Teñen dereito a buscar, recibir e dar todo tipo de información e ideas. Teñen tamén dereito a expresarse oralmente, por escrito, a través da pintura, da música ou de calquera outra forma mentres non molesten ou ofendan a outras persoas.
As opinións, os pensamentos e as crenzas relixiosas dos rapaces e as rapazas deben ser respectados.
DEREITO A ASOCIARSE
Artigo 15
Os rapaces e rapazas teñen dereito a crear asociacións, a ser membros delas e a celebrar reunións pacíficas, mentres non vaian en contra da liberdade e os dereitos doutras persoas.
DEREITO Á INTIMIDADE
Artigo 16
Ningún rapaz ou rapaza debe sufrir ataques arbitrarios ou ilexítimos na súa vida privada, familiar ou no seu fogar. As súas cartas e escritos perténcenlle. Tampouco debe sufrir ataques na súa honra ou reputación.
Os rapaces e rapazas teñen dereito a que a lei os protexa de actuacións ou ataques deste tipo.
DEREITO Á DIVERSIDADE DE INFORMACIÓN
Artigo 17
O Estado debe asegurar que os rapaces e rapazas teñan acceso a unha información de calidade procedente da prensa, os libros, a radio, a televisión ou outros medios a fomentar a produción e difusión de libros adecuados.
O Estado debe promover que os rapaces e as rapazas cuxo primeiro idioma sexa distinto do oficial reciban informacións e dispoñan de materiais de calidade na súa lingua.
PROTECCIÓN CONTRA O MALTRATO, ABUSO E EXPLOTACIÓN
Artigos 19, 34 e 39
Ningún pai, nai ou adulto ten dereito a maltratar os rapaces e rapazas. O Estado debe adoptar todas as medidas que sexan necesarias para protexelos de calquera maltrato, explotación e abuso. Tamén debe intervir cando os pais e nais non coidan os seus fillos ou fillas ou son incapaces de facelo.
Os rapaces e as rapazas que foron vítimas de abandono, abuso ou tortura ou tomaron parte en conflitos armados teñen dereito a recibir unha axuda especial.
Teñen dereito a integrarse nun ambiente onde se lles devolva a súa autoestima e a súa dignidade.
FOGARES DE ACOLLIDA E ADOPCIÓN
Artigos 20 e 21
Os rapaces e as rapazas que nas súas casas sexan maltratados deben ter a oportunidade de ser adoptados cando iso se faga no seu beneficio.
REFUXIADOS
Artigo 22
Os rapaces e rapazas que se viron forzados a abandonar o seu país, sós ou coa súa familia, teñen dereito a ser protexidos e a recibir axuda no país de acollida. Deben poder gozar de todos os seus dereitos.
Os que foron forzados a abandonar o seu país ser a súa familia deben obter a axuda necesaria para reunirse con ela.
Se fose imposible atopar a súa familia, proporcionaráselles un fogar digno.
DISCAPACIDADE E AXUDAS ESPECIAIS
Artigo 23
Os rapaces e as rapazas con discapacidade teñen dereito a vivir de forma que poidan valerse por si mesmos e participar activamente na sociedade.
Deben recibir axudas especiais e educación. Se os pais non tivesen recursos suficientes, o Estado debe proporcionar estas axudas.
DEREITO Á SAÚDE
Artigo 24
Os rapaces e as rapazas teñen dereito a gozar do máis alto nivel posible de saúde e a recibir unha atención sanitaria adecuada.
Teñen dereito a poder alimentarse, a beber auga potable e a ser protexidos dos perigos da contaminación medioambiental.
Os rapaces, rapazas e os seus pais e nais deben ser informador sobre coidados médicos infantís, nutrición, hixiene, salubridade medioambiental e sobre o modo de evitar accidentes.
INTERNAMENTO
Artigo 25
Os rapaces e as rapazas que foron acollidos polas autoridades para a súa atención, protección ou tratamento da súa saúde teñen dereito a unha revisión periódica do estado de seu internamento.
DEREITO Á EDUCACIÓN
Artigo 28
Os rapaces e rapazas teñen dereito á educación básica gratuíta e ao asesoramento e orientación profesionais.
Débeselles facilitar a educación superior.
Débese fomentar a asistencia ao centro educativo e a terminación dos estudos.
Os Estados que ratificaron a Convención deben colaborar con outros países para que os rapaces e rapazas de todo o mundo teñan a oportunidade de asistir ao colexio e recibir unha educación de calidade.
OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN
Artigo 29
A educación debe ter como obxectivos:
a) Que o alumnado poida desenvolver a súa personalidade e capacidades.
b) Ensinar o respecto polos dereitos humanos, as liberdades e os principios das Nacións Unidas.
C) Desenvolver o respecto pola identidade cultural do alumnado.
d) Preparar o alumnado para unha vida responsable nunha sociedade libre, con espírito de entendemento, paz, tolerancia, igualdade de sexos e amizade entre as persoas.
e) Ensinar o respecto ao medio ambiente.
DEREITO Á SÚA PROPIA CULTURA
Artigo 30
Os rapaces e as rapazas que pertencen a unha minoría ou son indíxenas teñen dereito a gozar da súa propia vida cultural, a practicar a súa relixión e a usar a súa lingua.
DEREITO AO DESCANSO E AO LECER
Artigo 31
Todos os rapaces e rapazas teñen dereito ao descanso, ao lecer, ao xogo e ás actividades recreativas adecuadas á súa idade. Teñen dereito a participar libremente na vida cultural e artística.
O Estado debe respectar e promover este dereito.
PROTECCIÓN CONTRA O TRABALLO PREXUDICIAL E A EXPLOTACIÓN
Artigos 32, 34 e 36
Ningún rapaz ou rapaza debe ser forzado a realizar un traballo que prexudique a súa saúde ou desenvolvemento.
Deben existir normas que establezan a idade permitida para realizar diferentes tipos de traballo e horarios laborais.
Os rapaces e rapazas deben ser protexidos da explotación, sa prostitución e doutras prácticas sexuais ilegais. Tamén se debe impedir a súa utilización en espectáculos ou en materiais pornográficos.
O Estado debe protexer os rapaces e as rapazas de calquera outro tipo de explotación que poida prexudicalos.
PROTECCIÓN CONTRA AS DROGAS
Artigo 33
O Estado debe adoptar medidas adecuadas para protexer os rapaces e as rapazas do uso das drogas, da súa produción e tráfico.
PROTECCIÓN CONTRA O TRÁFICO DE MENORES
Artigo 25
O Estado debe tomar as medidas necesarias para impedir o secuestro, a venda ou o tráfico de menores.
MENORES INFRACTORES
Artigo 40
O rapaz ou rapaza que cometeu un delito debe ser tratado con dignidade. Este tratamento debe tender a inculcarlle o respecto polos dereitos humanos e as liberdades doutros. Tamén debe recibir axuda para a súa reintegración na sociedade .
Nesta situación, o rapaz ou a rapaza ten dereito a que se lle garanta:
- A súa presunción de inocencia ata que se probe o contrario.
- Que non vai ser obrigado a testificar ou a confesarse culpable.
- O dereito a un avogado independente que o defenda nos xuízos.
- O asesoramento gratuíto dun avogado/a cando sexa necesario.
- O pleno respecto á súa intimidade durante todo o proceso.
O Estado debe establecer unha idade mínima antes da cal non pida considerarse que os rapaces e as rapazas teñen capacidade para cometer delitos.
Os que cometeron delitos deben recibir orientación para o desenvolvemento do seu benestar e a súa integración na sociedade.
CASTIGO E PRISIÓN
Artigo 37
Ningún rapaz ou rapaza debe ser sometido a torturas nin a outro tipo de medidas ou tratos degradantes. A pena capital ou o ingreso nun centro non se aplica aos delitos cometidos por persoas menores de 18 anos.
Ningún rapaz ou rapaza debe ser sometido a torturas nin a outro tipo de medidas ou tratos degradantes. A pena capital ou o ingreso nun centro non se aplica aos delitos cometidos por persoas menores de 18 anos.
Ningún rapaz ou rapaza deberá verse privado da súa liberdade de forma ilegal ou arbitraria. A detención ou ingreso dun menor de 18 anos deberá realizarse de acordo coa lei e serán utilizados como último recurso e durante o tempo máis durto posible.
Os que sexan privados da súa liberdade deben ser tratados con dignidade. Teñen dereito a manter contacto coa súa familia por medio de comunicacións e visitas, a recibir asistencia xurídica e doutro tipo co fin de poder defenderse ante un tribunal e a que se decida rapidamente sobre esta decisión.
PARTICIPACIÓN E PROTECCIÓN EN CONFLITOS ARMADOS
Artigo 38
Os rapaces e rapazas deben ser protexidos da mellor forma posible nos conflitos armados.
O Estado debe garantir que ningún menor de idade participe directamente nas hostilidades.
INFORMACIÓN E DIFUSIÓN DA CONVENCIÓN
Artigo 42
A Convención debe difundirse e explicarse de forma que sexa facilmente comprensible para os rapaces, rapazas e adultos.
O Estado é responsable de dar a coñecer a Convención e explicar o seu significado.